Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
13
14
15 16
17
18
19
20
(Valencia), de 1996. Do de 1923 fixo unha edición a Xunta de Galicia en 2000, cunha ?Presentación? estritamente circunstancial do entón conselleiro Amancio Landín Jaraiz e de Jesús Giraldez Rivero. Está a piques de ser reeditado polo Consello da Cultura Galega cun longo estudo introdutorio da nosa autoría. Foi reeditado, cun proemio de Antonio Fraguas Fraguas, polo Consello da Cultura Galega en 1989. Hai edición facsímile, sen estudo ningún, editada por Caja de Madrid en 1992. Dicimos xenericamente, porque, no mesmo ano de 1812, terá unha serie de títulos (continuación uns dos outros) na mesma revista lisboeta, reeditada en 1991. En bibliografía, citamos só dous deles consecutivos. Nun explica con agudeza a razón da decadencia da actividade pesqueira de Portugal. Podemos nós engadir que non foi esa a única razón, pero que si tivo moita importancia e que nós, os galegos, sufrimos o mesmo e fomos igualmente prexudicados. Culpa do desastre e decadencia ás ?vistas políticas de Filipe II, III e IV? (LOBO, 1812b: 339). Recollemos isto en SOEIRO e CALO (1999: 30). Desta obra hai dúas reedicións, unha facsimilar, feita pola Câmara Municipal da Povóa de Varzim, de 1982. A outra, más recente, con varias fotografías máis que o orixinal, como unha na que aparece o autor xunto co grande etnógrafo Jorge Dias, e cun estudo preliminar de António Medeiros, en Publicações Dom Quixote en 1992. Aparece en compañía de Fritz Krüger en GONÇALVES (1984: 5964). No remate dos agradecementos, podemos ler: ?e, em especial, ao Sr. Dr. Manuel de Paiva Boléo, que não só orientou os meus estudos, como soube incutirme o gosto pelos problemas filológicos?. Sobre o papel de Paiva Boléo, lector de portugués en Hamburgo e, posteriormente, asentado na Universidade de Coimbra, na introdución do método de Krüger en Portugal, así como sobre a chegada do mesmo a Galicia, véxase ROS (2003). Ese mesmo ano, aparecerá a primeira memoria de escavación do xacemento (GONZÁLEZ, 1933, 20 ss.). Moitos anos despois, diriximos as escavacións arqueolóxicas do xacemento. Remitimos aquí á última das publicacións, onde se recolle toda a bibliografía anterior: CALO (1997a) A parte correspondente a Galicia da realizada polo Ateneo de Madrid (19011902) pódese consultar na edición do Consello da Cultura
55
21
22
23
24
25
Galega, coordinada por GONZÁLEZ REBOREDO (1990). É moi probable que a palabra ?imornal?, empregada por D. Xaquín, non sexa máis ca un cruzamento entre ?imo? e ?imbornal?. Sen dúbida, o seu informante tivo que lle indicar que os dous paos que se colocan, un a cada costado, para que a dorna se manteña dereita, cando está en seco, como el a fotografou, coñécense como ?imos?, mentres que as regandixas para saída da auga embarcada son os imbornais. El chamou ós primeiros ?escoras? o que indica que non entendeu cando, seguramente, lle explicaron que os ?imos? se poñían para que a dorna non escorara, non fora á banda, non caera contra o costado; quedou coa palabra escora e transformou os ?imbornais? en ?imornais?. Fixemos constar alí que a dorna era unha embarcación para pesca familiar. Por iso, os pescadores que podían acudían a Aguiño ou a Carreira a mercar unha, cando decidían casar e ser independentes no mar. Dicimos que escribimos isto hai 30 anos, pois foi en 1974 cando presentamos como tese de licenciatura un traballo que sería publicado, íntegro e sen modificación, catro anos despois (CALO, 1978: 28). Aínda así, volve a insistir en que a dorna significa o paso da pesca familiar ó cooperativismo, o que é totalmente inexacto. Nas primeiras décadas do século XX, podemos ver o cooperativismo, se queremos entender por tal o asociacionismo, nos barcos grandes, tipo os vapores, que precisaban de varios socios capitalistas, non necesariamente mariñeiros, para facerse con un. Agora ben, se por cooperativismo entende D. Xaquín, como parece, que varias familias están implicadas na produtividade dun barco, propiedade dunha delas, entón pódese aplicar o termo a toda a actividade no mar en calquera época e con calquera embarcación. Outra cousa sería, se fixera referencia á pertenza dun barco a un armador e a dos aparellos tamén ó resto dos tripulantes e mesmo a alleos á embarcación, como os cercos reais, as redes das viúvas, etc. O Concello do Porto do Son, sumándose ás homenaxes que, neste seu ano, se lle están a tributar a D. Xaquín, fixo unha reedición desta pequena e importantísima obra, encargándonos a realización dun estudo introdutorio (CALO, 2004c: 717). Temos dedicado á idiosincrasia e á cosmovisión, á Weltanschauung dos mariñeiros un bo número de traballos. Remitimos agora a CALO (1996) e, cun enfoque máis novidoso, a CALO (2004b).
Nº 365