BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
ta de creación polo Estado do Museo de Galicia, encargándose José Villaamil y Castro, en 1886, dun estudo preliminar que non chegou a frutificar. No entanto, os estudos de folklore acadan carta de cidadanía coa constitución, en 1883, da ?Sociedad del FolkLore Gallego?, que en 1885 fai circular a primeira enquisa etnográfica de carácter científico1. Entre os proxectos da Sociedade figuraba o de crear un museo, aínda que tampouco esta vez se producirían froitos tanxibles. De novo unha exposición rexional, a de 1909, servirá para relanzar a idea, sen maior fortuna. Entre os impulsores do proxecto leva o facho Federico Maciñeira, quen, a través de sucesivos artigos na prensa, vai teimar durante anos nesta preocupación. A esta campaña súmase en 1923 a voz de Fermín Bouza Brey desde o xornal Faro de Vigo. Para entón as propostas xa se decantaban cara a un museo de carácter etnolóxico ou etnográfico. Coincide no tempo a fundación, en 1923, do Seminario de Estudos Galegos onde, por fin, o vello proxecto vai facerse realidade. Entre estas iniciativas que tardan en callar hai unha excepción: a da familia Peinador, que na segunda década do século establece na súa finca de Pías (Ponteareas) un museo etnográfico, desaparecido nos anos trinta. En paralelo a esta andaina, van aparecendo de xeito gradual os museos provinciais. En 1922 créase oficialmente o Museo de Belas Artes da Coruña, dependente do Estado, aínda que ata 1937 non vai dispoñer dunha sede (compartida coa Academia de Belas Artes e o Consulado do Mar) e non abrirá as súas portas ata 1947. O Museo de Pontevedra é instituído o 30 de decembro de 1927, como continuador da ?Sociedad Arqueológica de Pontevedra?. En 1932, a Deputación de Lugo acorda crear o seu Museo Provincial, que se inaugura dous anos máis tarde. Estas institucións incluirán no contexto dos seus fondos xerais seccións etnográficas máis ou menos desenvolvidas, aínda que circunscritas a un ?tipismo? sen un verdadeiro propósito identitario, que non esperte as suspicacias do réxime2. Pero volvamos ao Museo de Galicia. A fundación da revista Nós en 1920 e a creación en 1923 do Seminario de Estudos Galegos supoñen o tránsito definitivo aos estudos etnográficos contemporáneos. Nas páxinas da primeira e na Sección de Etnografía do segundo vaise modelando unha ciencia de rango europeo, feita con rigor e método. En ambos os foros, o mozo Xaquín Lorenzo Fernández vai ir abrindo co seu traballo concienciudo e discreto o suco polo que ha discorrer esta disciplina ao longo de cincuenta anos. Na sesión do 1 de maio de 1926 do Seminario de Estudos Galegos, segundo consta na acta correspondente, ?O Sr. Tobío leéu o traballo de ingreso que presenta D. Xaquín Lorenzo, encol do 'Carro Galego'?. Xa nesta etapa inicial da súa traxectoria evidénciase nos traballos de Xaquín Lorenzo a preocupación pola perda dos trazos materiais e sociais da identidade galega, dedicando o seu maior empeño a deixar testemuños fidedignos deles. Neste período de formación, no que ten como principal mentor a Florentino López Cuevillas, verán a luz obras que logran xa unha significada madureza e nas que se fai patente a súa extraordiNº 365 124