BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
lonxano 1931 no que se abriran as portas do salón artesoado de Fonseca acollendo o inicial Museo do SEG, ata o 29 de outubro de 1977, día no que pronuncia un emotivo discurso na inauguración do MPG. Unha larga andaina na que perseverou na necesidade dunha institución que, a través dos seus contidos e accións, contribuíse a definir as raíces da nosa cultura, a comprender a nosa historia e a coñecer a nosa identidade. Un museo que dese abeiro ao noso ricaz patrimonio etnográfico. Pero un museo franco e vivo, no que o papel da colectividade tería que ser relevante e participativo; no que o seu traballo de investigación e divulgación amosase o valor e o sentido cultural das producións populares, que incentivase a colaboración das xentes e avivase o seu interese e respecto pola súa preservación. E neste punto entendía esencial o achegamento dos máis novos, a procura da súa cooperación, coadxuvando a apreciar o significado do patrimonio colectivo, axudando e activando a súa atención. En suma, facendo presente esa tradición, que é parte da memoria histórica común. Unha tarefa certamente louzá, que require da conxunción de vontades e ánimos. Desiderátum que debe nordear agora e no futuro a derrota da institución. É moito aínda o que queda por andar, e non pouco o que debe endereitarse. O Museo do Pobo Galego, xa con vinteoito anos ás costas e coas eivas inevitables nunha empresa humana, ten que mirarse na excelencia de quen fora un dos seus principais valedores e seguir esforzándose por ser fiel ao legado de don Xaquín e por manter viva e activa a súa memoria.
NOTAS
1 Cuestionario del FolkLore Gallego, establecido en La Coruña el día 29 de diciembre de 1883. Madrid: Tip. Ricardo Fe, 1885 (ed. en galego, 1995, Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego). Este periplo museístico pódese seguir con detalle en Os museos e a construcción da comunidade, en VII Coloquio Galego de Museos: Museos, construíndo a comunidade. Santiago de Compostela: Consello Galego de Museos, 2003, 22 ss. La Región , 20 de xaneiro de 1976. El Correo Gallego, 2 marzo 1977. El Ideal Gallego, 17 novembro 1977. Entrevista La Región, 12 abril 1977. Sierra Rodríguez, X.C. (1999) A obra de Xaquín Lorenzo Fernández, instrumento para a patrimonialización e a musealización antropolóxica en Galicia. Raigame, 9, 6979. 8 Entrevista La Región, 2 marzo 1980. 9 En coedición co Museo de Ourense, dentro da serie Anexos do Boletín Auriense, publícanse en 1987, co título Os traballos comunais no mundo rural, os tres traballos seleccionados no II Premio de Etnografía ?Vicente Risco?, de P.S. Moreno Feliú, J.A. Fernández de Rota e X.A. Fidalgo Santamariña. 10 ?Introducción ó estudio dos hórreos en Galicia?, Actas del primer Congreso Europeo del Hórreo. Santiago: Ed. Compostela, 1990, 291293. 11 No ano 2004 o CGAI vén de restaurar a versión orixinal de El hombre y el carro, na montaxe de Serrano de Osma. 12 Entrevista La Región, 17 de maio de 1989.
2
3 4 5 6 7
Nº 365
134