126
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
FOLLETINISMO E APARELLO COMERCIAL Os relatos, novelas e novelóns por entregas non parecen periodismo; pero chegaron a ser capitais na sección de variedades dos periódicos. Crearon unha demanda literaria de máxima importancia cultural. A prensa só se vendía por subscrición. Había que asegurar, sobre todo, a continuidade dos subscritores. Toda a sección de variedades era concesión necesaria ó aparello comercial dos periódicos e da revistería. Incluso nos diarios políticos máis partidarios, doutrinarios e ideolóxicos. O periodismo de Murguía camiña de por vida nesa dirección, afín ós intereses do grupo empresarial, partidario ou ideolóxico. Non é un periodista máis. O seu traballo ten evidente transcendencia para a continuidade das empresas informativas. A relativa novidade da literatura por entregas dá carácter xeracional á esa tarefa. En poucos anos, o maxisterio periodístico de Murguía mantén ligados ó periodismo outros escritores galegos da súa andaina e intimidade. O efémero José Rodríguez Seoane (n. en Pontevedra, 1838) e Rosalía de Castro (Santiago, 1837) son excelente exemplo. O escritor pontevedrés comeza na tradición murguiana como redactor de El País (Pontevedra, 185758). En 1858 incorpórase ó ambiente intelectual, artístico e galeguista creado en Madrid (18511856) por un quinteto excepcional: Alejandro Chao (Vigo, 1835), Teodomiro e Serafín Avendaño (Vigo, 1833 e 1838), Federico Ruíz (Madrid, 1837) e Murguía. En 1860, mentres este traballa na Crónica de Ambos Mundos, Seoane publica Vi aj a r i n c ó g n i t o como folletín da Corre s p o n d e n c i a d e E s p a ñ a. Trócase ademais en ideólogo do folletinismo. Resalta a importancia das entregas na creación dunha novelística en lingua castelá, difundida nos periódicos, con capacidade para competir coa estranxeira. Esa sobreintención patriótica, literaria e comercial fora, precisamente, a que Murguía inaugurara ?cinco anos antes (1855)? nas prestixiosas páxinas progresistas de La Iberia. Sen cobrar un can:
La novela que a continuación publicamos es el ensayo de un joven laborioso y amante de las Bellas Letras, cuya aplicación nos parece justo estimular, pues creemos muy conveniente dispensar por nuestra parte esta protección a los talentos que se dedican al cultivo de la novela original, género de literatura con tan escaso éxito cultivado entre nosotros.
Días máis tarde, ó inicialas entregas de El re g a l o d e b o d a o diario reincide na presentación: