124
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
tul, y de otras disposiciones, en cuya composición entran por mucho las cintas, blondas y flores. El corte de los vestidos es de cuerpo con punta por delante y por detrás, bien de berta o de drapería, prefiriéndose ésta para las mujeres delgadas, pero siempre escotados y de manga muy corta para reuniones de etiqueta. La falda muy larga, y de cola en los vestidos; de telas ricas, para las señoras que no bailan, las de telas claras, sobre vivo de raso, se pegan a pliegues muy gruesos y encañonados...
CRONISTA DE VILA E CORTE A pesar das limitacións do xénero, as variedades de Murguía tiñan o que era de agardar nel: un toque de novidade. Incidían en espacios da vida social madrileña pouco transitados polo periodismo convencional. En 1853 publica, por exemplo, U n c a n c a n d e Musard . A narración é facilmente relacionable coa muller e a moda, pero ?como o baile en xeral? esperta sospeitas. Formará parte, sen embargo, da que será a especialización murguiana como cronista da sociedade madrileña durante dez anos. Lidos hoxe, os tratamentos parecen inxenuos; pero recuperan a carga de sobreintención e ousadía cando se sabe que o baile só comeza a tolerarse na vida social madrileña coa revolución legal dos liberais. Como acto social tiña a súa mesma idade. Cando Murguía o mete nas crónicas de sociedade ?en Madrid non se bailaba? socialmente. En 1855 o Carnaval era a única excepción á norma no que se refire a bailes públicos. Pero ir con disfrace aínda se tiña por cousa de liberais. O baile público comezaba a se converter en signo de modernidade; mais o cancan (sabiamente evocado polo cine norteamericano nas súas recreacións da época, para significalo puritanismo anglosaxón coetáneo) non era baile. Era pecado mortal. Non se normaliza na oferta de espectáculos de Madrid ata os anos ¡setenta! Como consecuencia do sexenio revolucionario (18681874). E aínda entón, segundo un contemporáneo moi entendido, nos periódicos falábase do cancan
como se habla de la peste en tiempo de epidemias: para precaución de los unos y alivio de los otros (José de Castro y Serrano, 1873).
Manuel Murguía, ben pola contra, mencionaba a bicha como reclamo do relato, vinte anos antes. No intermedio, dá a máis singular batalla a favor do baile e as diversións públicas nas seccións de variedades. E con éxito, polo que parece.