MANUEL MURGUÍA
123
comeza con humildade, por abaixo. Sen cobrar un can. Facendo de folletinista e de c ronista da vida cotiá. Iso si: en La Iberia, excelentísimo diario progresista creado polo boticario Calvo Asensio e dirixido por un peso pesado da política española: Práxedes Mateo Sagasta (n. en Cameros, 1825). Murguía foi moito máis que un aspirante a integrala primeira redacción dese periódico. Tivo que contentarse, sen embargo, con figurar nel con certa frecuencia e con sinatura moi resaltada; aínda que sen paga, como queda dito. Enfrontado co pai, sen outro oficio nin beneficio que ese traballo, tras vivila dureza da bohemia literaria de Madrid, o sacrificio funcionou. En 1855, cando Gustavo Adolfo Bécquer (n. en Sevilla, 1836) comeza a súa propia carreira madrileña, accedendo ?como Murguía fixera? ó Album de Señoritas, o noso persoeiro xa se tiña por consagrado. A carreira periodística profesional como redactor (con paga: non sabemos se boa ou mala) comeza entón. En El Correo Universal. Diario ?independiente de todos los partidos?. Nacido co ano, o periódico era tan severo, anónimo e plúmbeo coma calquera outro. Tivo que anovarse para sobrevivir. Murguía levou o peso do anovamento. Sito na vangarda do novo periodismo, en dous anos pasa de selo ningén do poemiña, a folletinista e cronista de sociedade con certa sona. Sen deixala prestixiosa colaboración de La Iberia, en decembro do 55 El Correo Universal encomendoulle a ?Crónica de la Corte?. De nova creación; feita á medida. Puido tratar así ?parece que con gusto? asuntos domésticos (?pollería transpirenaica?) e cuestións de maior compromiso, como este diálogo transcendental:
Preguntó una cándida niña a su conchuda mamá qué es el amor. ?El amor ?dijo ésta? es una fiera que se muere cuando empieza a domesticarse?. ? Pobre papá, exclamó la niña con la mayor inocencia; ya sé la causa de su muerte.
Cita con soltura os autores que circulan polas mesas de redacción: Byron e Walter Scott; Víctor Hugo, Musset, Heine ou Leopardi. Escribe á présa, compoñendo os artigos sobre a caixa tipográfica. Non deixa de aludir tampouco (aínda que sexa para disentir) á revista onde comezara a lenda literaria:
No va con nosotros Según el Album de Señoritas (Correo de la Moda), para traje de baile continuarán boga en el presente año las dobles faldas, las de volantes de crespón o de