MANUEL MURGUÍA
121
provincias, as tiradas eran tan curtas como efémeras as cabeceiras. A inconsistencia das publicacións lastraba a profesionalidade dos escritores, periodistas, censores, numerosos e ilustrados, ó periodismo cortesán chegábase con relativa facilidade; pero era moi difícil a permanencia. Había máis cesantes e caídos en desgracia ca actuantes. O periodista, debido as circunstancias, traballaba onde había traballo, aínda que se tratase dun órgano contrario á súa traxectoria ideolóxica. Será o caso do primeiro Murguía... De aí que nin sequera os periódicos do Goberno estivesen libres de sospeita e de Censura. Como non traballaban onde quixeran, os periodistas tampouco podían escribilo que desexaban. O anonimato, o pseudónimo, o recurso a iniciais e segundos apelidos (Manuel M. Murguía, Manuel Martínez, M.) tapou ambos procesos, propios dun oficio onde se comercia sempre co que resulta posible contar dadas as circunstancias (empresariais, políticas e censoras) de cada intre histórico; mais é o caso que, ó estaren infiltrados por liberais incluso os periódicos reaccionarios, a censura desconfiaba de todos. Tiña a Prensa por instrumento dunha conspiración universal. ¡Un foco conspirando por cada 4.200 madrileños era demasiado! A policía non daba abasto na tarefa de cortala difusión dos materiais que a censura prohibía. Presentábase nas redaccións, imprentas e sociedades literarias do modo máis expeditivo e imprevisible. Con chulería. Ese 1853, cando se produciu o asalto ó establecemento literario de Patricio de la Escosura (compañeiro do defunto Espronceda na conspiración dos numantinos, parente ?por certo? do primeiro retratista coñecido de Murguía) a arbitrariedade foi digna de esperpento. Desde a porta do local, os axentes da autoridade ordenaron a posta en pelotas ?así, como se di? a toda a concorrencia. Nese contexto, a aparición da moda en periódicos e revistas como Corre o de las Damas, El To c a d o r, Ellas, Album de Señoritas, La Moda Elegante Ilustrad a... non tivo nada de inocente. Puido parecer inxenua; pero, como arma, mostrouse cargada de futuro. Dado que ían dirixidos ó ?bello sexo? da letrada sociedade (clientela case exclusiva do elemento clerical ata entón), o xénero espertou o interese de empresarios e publicistas liberais. Nos anos cincuenta as revistas de moda provocaron unha revolución formal na arte da confección. Tanto da vestimenta coma do soporte informativo onde se difundía. En poucos meses os deseños e os