138
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
circunscrita ?con poucas excepcións? ós periódicos que veñen da antiga tradición democráticoprogresista. Globalmente, o diario coruñés La Voz de Galic i a, que fora nas orixes (18821890) republicano, demócrataprogresista, para se facer (con Montero Ríos) accidentalista e liberaldemócrata, agocha a colaboración máis dilatada, intensa e importante. Fronte a LaVo z, só se pode considerar ?tomada en bloque? a colaboración nos excelentísimos periódicos das Galicias emigrantes nas Américas (xurdidos, como a organización comunitaria, pola iniciativa de históricos desterrados conformados na mesma tradición atlántica e heterodoxa, democrática e progresista). Prensa profesional en tódolos casos. Ben dotada de medios. Que valora e paga esa colaboración. Pola mesma lóxica do colaborador profesionalizado, que vende (e quere cobrar) o seu traballo, enténdese que a presencia creativa de Murguía sexa moito máis esporádica e descontinua na outra prensa galeguista da Galicia territorial. Incluso na rexionalista, organicamente vinculada á súa actividade política. É nesta prensa, ademais, onde os refritos e os recortes dos escritos de antano se reiteran de xeito habitual... Como colaborador, Murguía propende ?coma sempre? ó ensaio. Os comentos curtos son máis raros cós artigos extensos e as polémicas de longa duración. Dados os elevados índices de analfabetismo e os baixos de lectura, en España e na Galicia do seu tempo, esa maneira de escribir os escritores en moitos periódicos de pequena tiraxe, minorou ?aínda máis? o consumo de libros. A prensa foi un substitutivo e un anticipo deles. Só nos periódicos, onde se anticipaban como colaboracións capítulos completos dos libros por saír, foi posible que os escritores cobraran por anticipado o que o mercado bibliográfico non estaba en condicións de pagar... O caso de Murguía particulariza o dos grandes animadores do excelentísimo periodismo intelectual que se fixo en España e en Galicia no período de entreséculos. Tribunas e universidades abertas ós lectores máis diversos, a prensa xoga papel capital no proceso formativo e na difusión dos máis variados contidos. O prestixio profesional, a influencia dos escritores e dos ideólogos, non era froito (polo que se refire ós coetáneos) da bibliografía, senón dese periodismo memorable.