120
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Aguirre (miliciano nacional progresista) ... É outra característica que o religa ó periodismo, onde tantas veces se confunde o informe dos acontecementos coa feitura. Nos grandes fitos políticomilitares (galegos e españois) daqueles tempos, Murguía só foi ?no mellor dos casos? distante e atento espectadorrelator, moi ben informado. O peso indiscutible que terá na conformación do galeguismo político, na súa orientación rexionalista especialmente, ten que ver con este aspecto. El vai sempre pola vida facendo de ideólogo e de simulador. Semella un protagonista, pero ?como tal? sempre forma parte dunha historia falta de accións propiamente ditas. A FEITURA DO PERIODISTA No periodismo fixo de todo desde o primeiro intre. Comeza publicando versos nunha belísima revista de señoritas (Album de Señoritas. Correo de la M o d a, Madrid, 1853). Esta tarefa de escribir ?maiormente os homes? poemas e prosas para ilustración de señoritas puidera parecernos hoxe pouco periodística e ?menos aínda? feminista, crítica, creativa. Non valoramos ?nese posicionamento? o que supuxo o trato de redactores, redactoras e clientas naquelas circunstancias históricas. Si que o fixeron os inimigos do liberalismo, o feminismo e os cambios, isto é, o estamento clerical e amplos sectores do xénero masculino. Nacidos coa revolución liberal, os periódicos de señoritas (modas, ?bello sexo?) eran sospeitosos, coma case todo o periodismo que se producía en Madrid e nas distintas Españas de 1853. Gobernaba Bravo Murillo, con un ollo no Nuncio da Súa Santidade e outro no Palacio Real; pero sor Patrocinio e o P. Claret vixiaban a tarefa, dado que tiñan influencia en Roma, formando parte ademais da camarilla de Isabel II. Señoreaba esta a corte dos milagres. Era castiza, tiña a mesma idade ca Murguía, e figuraba como subscritora das revistas de señoritas. Puido ler ?por que non? aqueles versos do incipiente periodista. Impedir que as lecturas comprometesen o excelente apetito da raíña era unha das funcións capitais da Censura gobernativa e eclesiástica. En Madrid cociñábanse 71 dos 151 periódicos españois. ¡Máis da metade da doutrina e da ?noticia? circulante! Dado o peso do analfabetismo, a pesar de que unha parte substancial dos consumidores da prensa madrileña vivía en