BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida Oficial da RAG
total apertura de espírito á comunicación oral, ó intercambio espontáneo do pensar, do sentir. A súa amenidade emitía certo contaxio. Non era orador, no sentido usual do termo, era, iso si, un bo conversador. Desempeñou o seu papel como membro ou dirixente de institucións de cultura: socio cofundador e despois presidente da ?Editorial Galaxia?. Membro do Consello de redacción da revista Grial. Patrono da ?Fundación Penzol? e da de Otero Pedrayo. Membro do Consello da Cultura Galega, e Secretario durante moitos anos da nosa Academia. En todas estas institucións evidenciou dotes de home harmonioso. Lembramos con saudade o que para el constituía o substancial do mundo galego e das criaturas que o poboan. A valoración que facía das súas personalidades, presencias, esencias. Había en Marino Dónega unha fonda preocupación do que Galicia é, e do que podía ser. Camiñou a cotío ó seu paso normal, pero embebido de amor pola pequena terra verde. Co seu periscopio ollaba, aprendía, describía con precisión e xusteza.
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Nº 363
376