NO BOSQUE MARIÑO María Lopo
Escrito na memoria dos cortados Carballos da Raposa de Anceu, en Ponte Caldelas, e no ollar do Carballo de Cerracín, en Friol.
É outono i en min nace primaveira. (MARIÑO 1994: 199)
A NENA E O BOSQUE1 Dixo André Breton que a poesía se fai nos bosques2; Uxío Novoneyra engadiu ?Eiquí sempre foi bosque...? (1991: 161). Velaí o espazo natural e poético onde medran as árbores do bosque de María Mariño. O bosque é paradigma do lugar a un tempo próximo e estraño, con existencia propia e múltiple; cunha memoria do mundo anterior á memoria humana. Na vida e no poema é lugar de todos os soños e de todos os medos, paraíso de xogos infantís e inferno de traballo duro, refuxio de amantes e fuxidos, abeiro de moitas Bovary. En María Mariño, o motivo poético do bosque aparece xa no poema que abre Palabra no Tempo (1963):
¡Son aquela! ¡Son aquela que no bosco escuitaba o himno dela! (MARIÑO 1994: 63)
E a súa presenza será constante ao longo de toda a obra. Trátase sen dúbida dun dos vieiros polos que achegar o lugar central que a natureza ocupa no universo poético da autora. Esa natureza ?soia?, que é ?socorro?, ?forza?, ?latido?, ?amparo? (Mariño 1994: 108, 143, 154; Mariño 2007: 105), chega a ser ?verba? (Mariño 1994: 198), chega mesmo a ser corpo e voz de quen escribe, nun proceso de procura identitaria e de fusión matérica estudado por Manuel Fernández Rodríguez (2007). María Mariño pertence á estirpe dos poetas que aprenderon a ler nos bosques antes que nos libros, aqueles que teñen o seu dicionario no vento, na chuvia e no sol. O seu saber natural imprime no poema a luz da ría e os harmónicos do aire de mar no piñeiral, as néboas todas da montaña e o piar do primeiro paxaro na alba: ?Soio teño alboradas? (Mariño 1994: 133). Nun xusto retorno de terras e saberes, a natureza ensina moito sobre
67 Nº 368