BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
de rissa», «non se che vssa en esta terra», «éche cousa de chorar», «sonche tantos que...», «sonche como os lebreles». No dativo da 3P presenta lle (sg. e pl.) e mais lles (pl.). En «esa jente acá chegou e nonos deixaron biño, pan nen pasta, que ata estar de choz non lle basta, darlles da bianda boa» cabería interpretar que lle é sg. referido a 'esa jente', pero xa comezara a usalo plural en «deixaron» e continúa en «lles». En «ó rebés bin fazer a un cordobés ya outro sibillano [...] ca lle surziron o ynbés pola treta que figeron» é máis evidente que o referente é plural36; tamén semella referirse a un OI plural a amálgama llos en «non llos taijaron», dando así mostras da esperable inexistencia de llelo nesta área. No acusativo da 3P atopamos algunhas formas especialmente interesantes. Dunha banda a contracción do alomorfo no do adv. non, usado en posición antevocálica, e o pronome os, un trazo que chegou a nós como variante diatópica (ocupa a diocese de Santiago e o norte da de Mondoñedo): «que ladróns ja nos ay en Gargallóns»; esta é a forma fónica que existe tamén trala grafía , que a pesar das aparencias conta coma unha soa sílaba [nos] (distínguese niso de non+nos , vid. supra): «que ja se fan ladronziños por nonos fazer alugar». Doutra, a amálgama polo usada nun contexto en que o pronome acusativo se sitúa entre a prep. e o infinitivo, testemuñando deste xeito que nesa posición actúan tamén as regras morfofonolóxicas que provocan o alomorfo /lo/: «e polo consintir se fan coussas que non digo». A medida do verso tamén permite afirmar que en «na sua escola para os [ter]» conta como unha soa sílaba, polo que presumiblemente esteamos diante da pronuncia [p??s], xeral hoxe no galego popular. Do resto, a forma preverbal é /o, a/ («¡solla que a condenou!»); a enclítica tras /r/ é /lo, la/ («e botala logo fóra»), tras nasal /no, na/ («tenos»). Canto ó lugar do clítico, salientan dous casos particularmente interesantes de anteposición á forma verbal modotemporal. O primeiro é «e polo consintir / se fan coussas que non digo» (< 'fanse cousas así por o consentir'), un reto para o actor, pois a focalización do segmento desprazado cara ó inicio fai imposible a pausa antes do clítico a pesar do cambio de verso. O segundo é «que ja é tempo me pareze», para o que caben dúas explicacións non excluíntes: a próclise por se tratar dun inciso («que ja é tempo, me pareze»), un comportamento pouco descrito en galego pero aboado polo portugués (Ali 1966: 55), ou a próclise por se tratar da inversión normal de elementos na cadea (< 'que me pareze (que) xa é tempo'). En complexos verbais sen nexo salienta a énclise ó infinitivo («non esperaba darbos», «quero abraçarbos»), indicio de que xa debía estar adiantado o progresivo abandono da posición medieval, constante a carón do verbo auxiliar ou principal. Nas construccións de prep. + infinitivo, alternan as dúas posicións na modalidade afirmativa e o clítico anteponse ó verbo no único exemplo negativo: «e polo consintir», confirmando unha vez máis que o pronome acusativo de 3P pode seguir a por, «para os ter» e «por non os fazer alugar» fronte a «para turbárseme», con énclise a pesar de estaren en secuencia. Canto á orde que gardan os clíticos en secuencia, o
Nº 363 266