Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
ción e, por último, no capítulo V, O camiño e o carrexo, pasa revista ás primitivas vías de comunicación e de transporte. Esa estruturación, considerada hoxe como dunha grande actualidade a pesar do tempo transcorrido, foi susceptible de ser trasladada á conformación museística do Museo do Pobo Galego, institución que Xaquín Lorenzo, como fundador e impulsor, contribuiu á súa creación, vendo así feito realidade un soño que, desde os tempos dos inicios dun museo etnográfico no SEG, era un vello anceio seu. Dun estudo comparativo feito por XoséCarlos Sierra, este conclúe que ?A análise da estrutura museográfica e, máis fundamentalmente, o discurro museolóxico do Museo do Pobo Galego (MPG) constitúe unha réplica museal da obra etnográfica de Xaquín Lorenzo. Réplica asumida e consentida por quen foi desde a súa fundación Presidente do seu Patronato e inspirador constante do seu desenvolvemento museográfico gradual? (SIERRA, 1999: 74).
A ARQUITECTURA POPULAR NA OBRA ETNOGRÁFICA DE XAQUÍN LORENZO Unha parcela da obra etnográfica á que Xaquín Lorenzo dedicará unha boa parte dos esforzos investigadores, e na que nos deixou un legado de inapreciable valor, é a que se refire ao estudo das construcións populares. Nos numerosos traballos dispersos nos que se recollen aspectos moi concretos da cultura material, e nos contidos en libros colectivos ou no tratado Etnografía. Cultura material, as súas tarefas investigadoras foron abrindo canles para a descuberta e o coñecemento da casa e doutras construcións. Dese xeito, en tempos en que a atención dos etnógrafos estaba centrada no estudo do folklore ou da etnografía espiritual, puxo os alicerces para afondar nunha mellor valoración e sistematización das múltiples construcións que se conteñen na denominada arquitectura popular, e para incorporar esta disciplina ao conxunto de materiais que conforman a cultura material da etapa preindustrial do pobo galego. ESTUDOS PRECEDENTES ÁS SÚAS INVESTIGACIÓNS Cómpre reparar, á vez, nunha advertencia que fai no Limiar do seu libro etnográfico relacionado coa inexistencia de traballos globalizadores da etnografía, o que, á hora de valorar o seu esforzado e frutífero traballo, faino aínda máis valioso. Di que ?(?) é iste o primeiro intento que se fai de etnografía xeral da nosa Terra, fallándonos, polo tanto, os precedentes en que poidéramos aproveitar a exprencia allea, especialmente no que toca á sistematización do material recollido (?). Algúns temas foron colleitados con certa facilidade pola existencia dalgunhas monografías sobor diles, que, pese á súa excesiva localización, renderon un bó proveito; mais outros estaban totalmente virxes e o seu estudo non deixóu de presentar certas dificultades que se refrexan no lixeiramente que son tratados? (LORENZO, 1962: 8).
15 Nº 365