BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
ramar. Fomos informados por homes, por mulleres e por nenos, entramos nas súas casas, visitamolos seus barcos, os seus obradoiros?? (LORENZO, 1962: 8). A finalidade e obxectivos que se trazou foron cumpridamente sobardados aínda que, coa humildade que o caracterizaba, propia do sabio que era, considera a obra como unha introdución á Historia de Galicia: ?Compre ter en conta que o noso traballo é unha introducción á Historia da Galiza, non tendo, polo tanto, o carácter dun traballo de investigación. Elo fai que moitos temas señan tratados eiquí dun xeito superficial, anque se atope materia dabondo para profundizar nil; mais isto daríalle unha extensión que non estaría de acordo co rol que desempeña na obra de que se trata. (?) Trátase eiquí de recoller, dar a coñecer e intentar que quede lembranza do conxunto de formas de traballo que hoxe se atopan na Galiza, sen arredar o que seña peculiar da nosa Terra do que se pode achar tamén fora dela, xa que o intrés da localización dun feito cultural é sempre grande? (LORENZO, 1962: 7). A significativa contribución ao rescate e coñecemento da historia creada polo pobo galego mereceu, e segue a merecer, o recoñecemento dos que se dedican a estas materias. XoséManuel González Reboredo chegou a cualificar a obra de ?xigantesco esforzo de síntese descritiva dos aspectos tecnoeconómicos da cultura tradicional galega. (?) Creo que se pode asegurar sen marxe de erro que a súa síntese permite ter unha visión completa do que era a vida material dos nosos labregos, mariñeiros e artesáns, sendo un esforzo pioneiro non só en Galicia, senón en toda a Península (?) e hai que agardar algún tempo para atopar síntese doutras terras de España e Portugal que poida superala? (GONZÁLEZ REBOREDO, 1996: 35). Outro etnógrafo, Clodio González, abondando nos xuízos e adxectivacións do primeiro, manifesta que a obra ?constitúe unha fonte impresionante de información etnográfica (?) imposible de repetir, xa que daquela a maioría dos datos aínda os tomou directamente da realidade, e non como agora nos nosos días que xa cómpre acudir a persoas maiores ou a información doutros autores. Ademais do texto, conta cunha extraordinaria riqueza gráfica, sobre todo deseños, que fan do autor un dos mestres de cantos debuxantes se teñan dedicado á etnografía? (GONZÁLEZ PÉREZ, 2003: 247). Este inmenso tratado está estruturado nun Limiar e cinco capítulos de desigual extensión, nos que describe polo miúdo todos os contidos obxecto de estudo neles. No capítulo I, que todos concordan en denominar A casa, aborda con amplitude e rigor os aspectos construtivos e funcionais que teñen que ver coa casa e con outras construcións. No II, A terra, o de máis extensión dos cinco, estuda o medio físico e o territorio dende o punto de vista produtivo e de recursos, abranguendo aspectos relacionados cos produtos do campo, a facenda, os produtos do mar e dos ríos e a súa conservación, a caza e a minería; no III, Os oficios, analiza estes e os tecidos, así como as actividades que permiten a elaboración, transformación ou mantemento dos recursos mediante os traballos artesáns; no IV, O traxe e a manteza, detense no estudo da vestimenta e da súa confecNº 365 14