Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
te Risco, un dos mestres e iniciador dos estudos etnográficos en Galicia?, recollendo in situ numerosos e variados datos dos materiais obxecto de estudo, que logo sistematizará e poñerá en orde acudindo á escasa bibliografía existente. Produto das angueiras realizadas no campo e do ordenamento e síntese no fogar ourensán ou de Lobeira, sairía esa obra singular e monumental, sendo aínda máis meritoria por tela feito individualmente e polos tempos en que a levou a cabo, con vías de comunicación e medios de transporte ben precarios e métodos de traballo pouco desenvoltos. Débese ter en conta, ademais, que cando se puxo a traballar na obra, non contaba con precedentes que lle puidesen servir de guía para acometer con mellor eficacia o seu compromiso. Por iso no Limiar di claramente que ?Algúns temas foron colleitados con certa facilidade pola existencia dalgunhas monografías sobor diles, que, pese á súa excesiva localización, renderon un bó proveito; mais outros estaban totalmente virxes e o seu estudo non deixóu de presentar certas dificultades que se refrexan no lixeiramente que son tratados? (LORENZO, 1962: 8). Sen dúbida ningunha, esta obra magna foi o alicerce e punto de partida de todos cantos estudos se realizaron despois dela, tanto sobre arquitectura como tecnoloxía popular. Hoxe, corenta anos despois, soamente nalgúns campos se fixeron achegas de certa importancia, como acontece coa cultura mariñeira, a arquitectura popular ou a industria oleira, ou co renque de traballos incluídos no tomos de Antropoloxía do Proxecto Galicia de Hércules de Ediciones. Á primeira edición de 1962 en Buenos Aires, nada doada de conseguir no seu tempo, seguíronlle outras como a de Akal Editor, de Madrid, no ano 1979, en edición facsimilar con formato reducido. Uns anos máis adiante, entre 1982 e 1983, a Editorial Galaxia, baixo o patrocinio das catro deputacións galegas, reedita o texto primitivo dentro da colección Biblioteca Básica da Cultura Galega, en catro libros de pequeno formato: A casa, A terra, O mar e os ríos e Os oficios. Pola mesma editora faranse novas reedicións, de tal xeito que hoxe lévanse difundido milleiros de exemplares co que se ten logrado un notable espallamento da obra a nivel popular. Cómpre advertir, ao mesmo tempo, que nestas reedicións de Galaxia, por razóns varias, se suprimiron a meirande parte das fotografías e de numerosos debuxos, así como o clarexador Limiar, supresións todas elas que representan un certo empobrecemento. A filosofía seguida para a realización deste notabilísimo texto etnográfico foi a utilizada sempre polo Seminario de Estudios Galegos, e por iso acode aos lugares onde se sitúan os materiais do traballo investigador para recoller alí persoalmente os fenómenos e materiais obxecto de estudo, mediante a observación e o coñecemento de datos e informes a través de conversas, debuxos e fotografías. Xaquín Lorenzo emprendeu a andaina de percorrer Galicia de punta a cabo, pois, como comenta na introdución da obra ?(?) tivemos que pelerinar por todolos camiños da Galiza. Percorrimos a montana, andivemos polos vales e polas terras chás, visitamolos lugares e andivemos pola bei13 Nº 365