BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
pobo e da súa cultura: ?E il foime amostrando o que había de positivo niste aspecto da cencia (?) e foi espertando no meu peito un fondo amor a esa cencia e, sobor de todo, ó pobo que a orixina, iste noso pobo, sempre tan novo e tan vello, tan sabio e tan iñorante; iste pobo que produz sabios e artistas sen precisar para elo de grandes sabios nin de grandes artistas; iste pobo, en fín, que vive no día de hoxe co pensamento posto nun pasado lonxano e a espranza nun futuro iñorado e para quen o presente conta pouco? (LORENZO, 1957: 137). Despois dunha vida ateigada de angueiras e preocupacións polo coñecemento, recolleita e conservación das testemuñas da cultura popular de Galicia, tanto na súa dimensión material como na espiritual e simbólica, Xaquín Lorenzo morre en xullo de 1989, logo de ter recibido numerosos recoñecementos ao seu traballo fecundo, do que nos quedou un legado de inapreciable valor. Por iso segue a ser hoxe en 2004 referencia indispensable en moitas das materias ás que dedicou sen taxa a súa enorme sensibilidade, amplos saberes e amor a Galicia.
A OBRA ETNOGRÁFICA. ETNOGRAFÍA. CULTURA MATERIAL Os traballos etnográficos de Xaquín Lorenzo son numerosos xa que, sobre cento vinte e cinco títulos editados e asinados co seu nome, arredor da metade deles pertencen ao eido científico no que se ocupa de aspectos de variada fasquía da cultura popular. Algúns deles figuran en publicacións colectivas ou noutras de carácter monográfico, mais o seu traballo cimeiro como pescudador da cultura material tradicional é o que está recollido no proxecto Historia de Galiza, xestado na emigración bonaerense, compartido en Galicia por algúns dos galeguistas que se dedicaban á investigación e dirixido por Ramón Otero Pedrayo. Etnografía. Cultura material é o título da obra encomendada e realizada por Xaquín Lorenzo, publicada en 1969 no volume II dun inacabado proxecto, xa que desa Historia de Galiza só se chegaron a editar tres tomos que, non obstante, supoñen a sistematización da visión que globalmente tiñan de Galicia os homes da Xeración Nós e do SEG. Constitúe unha extraordinaria e esforzada obra enciclopédica na que, ao longo de 741 páxinas ilustradas con 300 figuras, moitas delas contendo varios debuxos ?feitos por el mesmo e o seu irmán Xurxo?, e 215 fotografías da autoría de Pacheco e Xosé Suárez, se compendia a historia da cultura material da Galicia tradicional. Tanto polo contido literario, con linguaxe desprovista de retórica, precisa e sobria, como polas imaxes gráficas, resulta ser unha extraordinaria radiografía sobre o estado da vida material dos mundos labrego, mariñeiro e artesán da Galicia dos primeiros cincuenta anos do século pasado. Para levar a cabo o compromiso contraído co director da Historia de Galiza, Xaquín Lorenzo viaxa por moitos lugares da xeografía galega nas décadas dos anos 1940 e 1950, con notable intensidade nos veráns de 1950 a 1953 ?en ocasións na compaña de VicenNº 365 12