Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
relacionado co home e o contorno no que vive, fixo o guión dun documental, hoxe de gran valor etnográfico e unha das xoias das curtametraxes que se levan producido tanto en Galicia como fóra dela: O carro e o home. Tamén como maquetista, xunto con Vicente Fernández Hermida, levou a cabo a realización dunhas maquetas de casas labregas tomando como modelos as que estudara para a súa colaboración na monografía Vila de Calvos de Randín. Baixo a consideración de que a terra, o home e a cultura constitúen unha unidade indisociable de calquera comunidade humana diferenciada, a súa grande e constante preocupación era que se abordara con urxencia o estudo do patrimonio popular, dado o estado de transformación e de perda dos alicerces de tipo material e social en que se achaba a sociedade rural e mariñeira da primeira metade do século XX. Os principios e pautas que nordearon o seu labor científico, o mesmo que os dos seus mestres ourensáns da Xeración Nós ou dos seus compañeiros do SEG, tiñan como obxectivo a toma de conciencia e afirmación da personalidade diferenciada de Galicia, todo elo encadrado nun método de observación e descrición, en moitas ocasións xunto coa análise e a visión social na que se mergullaban os obxectos materiais e as pescudas que realizaba. Manifesta verbo disto o antropólogo González Reboredo que ?Si tivéramos que sintetizalas directrices fundamentais que marcaron o labor de Xocas e os demais etnógrafos do seu tempo poderiamos facelo dicindo que as dúas cousas que pretenderon foron: RESCATAR OU SALVAR DOCUMENTOS ETNOGRÁFICOS e, posteriormente, RECONSTRUÍLO PASADO DA CULTURA GALEGA. E estas dúas preocupacións supeditábanse sempre a un fin último: A AFIRMACIÓN DA PECULIARIDADE GALEGA? (GONZÁLEZ REBOREDO, 1996: 27). Dentro das numerosas declaracións feitas ao longo da súa vida sobre esta conduta, nunha ocasión dicía que había que traballar para dotar ao pobo de conciencia colectiva, ?(?) Comenzar dándolle ao pobo unha conciencia de si mesmo. Ensinar aos galegos que eran galegos, porque tiñan unha lingua, porque tiñan unha cultura, porque tiñan unhas costumes, unha maneira de ser que os distinguían dos demais. Non por iso foran millores ou piores? (Entrevista en La Región, 17V1981). Xaquín Lorenzo era fisicamente un home alto e esguío, ?fumador empedernino e saudoso cafeteiro?, en palabras do seu grande amigo Antonio Fraguas. A súa calidade humana singularizábase por ser un sabio sen fachenda, que levaba candasí unha gran humildade, austeridade, emotividade, profunda relixiosidade e xenerosidade. Da xenerosidade e bonhomía temos estas dúas mostras: No ano 1981 cedeulle sen pago ningún as súas fincas de Facós aos seus aparceiros e, no seu testamento, deixou ao Museo do Pobo Galego como herdeiro de todo o seu legado intelectual (biblioteca e outros fondos e os dereitos da súa obra escrita). Á vez, no decorrer do seu periplo vital distinguiuse polo permanente agradecemento que profesou aos seus mestres ourensáns, que o alentaron e iniciaron nos labores da investigación e na entrega á causa de Galicia. Referíndose a Cuevillas deixou escrito que aprendera del como mestre cousas e a se interesar polo saber do
11 Nº 365