BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
lidade expresada polo adxectivo (máis grandes) e nese contexto serve para formar o superlativo relativo (do máys cabal varón que cinge espada); ademais, a carón do verbo, cuantifica o tempo co valor de 'nunca máis' (noestés máys congojosa). O existencial algún úsase posposto ao núcleo en construción negativa (?sen ter rezeo algún de guerra ou medo?, v.88), unha posibilidade que existiu na lingua de outrora e que desapareceu do galego moderno, aga por castelanismo. Non se rexistra o cuant. nada, pois no texto recórrese ao uso de non... cousa (?pois non che falta cousa que deseges?, v.84). A forma bastante, que hoxe é un coñecido cuantificador, está usada como adxectivo na construción [ser] bastante en, na que o elemento cuantificable se expresa na frase introducida por en: ?[Felipe escolleuvos por diante de moitos] por vastante en prudencia e cordura? (v.56). 5. Entre os identificadores, ademais de outro, coa forma máis común e esperable nesa posición (?noá moitos días / outro galego?, v.21), atopamos tres ocorrencias de sg. tal (de tal noua, de tal pranta, en tal punto) e unha de pl. tas (?em pago de tal noua e tas albrizas?, v.9). A variante tas < taas, que segue o modelo dos substantivos e adxectivos en al (cfr. o comentario a propósito de crüés), parece que tivo unha difusión máis lenta a partir do núcleo atlántico orixinario, e por iso nos textos escritos medievais predomina taes en toda a nosa xeografía; o rexistro desta forma de plural é importante para a cronoloxía da evolución morfolóxica do galego, pois mostra que nesta altura a solución regular (tal/tas, consonte cruel/crués) estaba aínda vixente e non fora substituída pola solución analóxica ditada polos monosílabos procedentes de antigos bisílabos (tal/tales e cal/cales, consonte vales, pl. de val < vale < VALLEM)19. 4.4. PRONOME PERSOAL 1. Da 1P só se rexistra eu (nom.), referido ao locutario e autor, que se presenta a si mesmo sen cerimonia. Da 2P empréganse dúas formas átonas de singular diferenciadas polo caso, que nunca se refiren ao destinatario do poema e principal alocutario: o dativo che (OI) sinala a musa galega (?pois se che offrece vn milagroso caso?, v.5) e a cidade da Coruña (?pois non che falta cousa que deseges?, v.84; ?que che terrán denteira moytos reinos?, v.98); o acusativo ou reflexivo te (OD) refírese sempre á cidade que acolle a don Diego (?Farate gornecida de balüartes fortes e seguros?, v.91; ?de verte gobernada do máys cabal varón que cinge espada?, v.99). En cambio, as formas de 2P pl. empréganse sempre referidas a don Diego, por tanto co significado 'P2 sg. cortés': a forma tónica vós como nominativo (Sux.) (?E vós que de tal pranta aués saydo?, v.47; ?andando vós do general ó lado?, v.65) e como complemento (a uós, en vós, por vós); a forma átona como acusativo (OD), nun caso reflexivo (?Así vos logrés ben coa vosa esposa?, v.109). Na 3P empréganse sobre todo formas tónicas en caso complemento, contraídas ou non coa preposición correspondente, nas que salienta a escolla da variante el/eles, concorde coa do
Nº 364 268