BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Eladio Rodríguez González
á rebelión, senón que propón a resignación e a esperanza, despois de carecer nesta de todo, do premio na outra vida. O premio á mellor lenda referente a Galicia foi para a composición titulada ?O Puzo do Barco?, presentada co lema ?Que non hai tradición aquí en Galicia/de máis veneración pra os aldeanos?. Nesta composición en versos hendecasílabos e octosílabos formando oitavas e romances, o eu lírico preséntase como poeta e ?pelengrín esfarrapado? que conta as belas tradicións da terra galega, sempre referidas ao pasado, o único tempo glorioso para Galicia, porque o tempo presente non é un tempo de progreso, liberdade, fraternidade e xustiza como predican os que proclaman o final do século XIX como un tempo de luz; declárase incompetente para vaticinar o que será o futuro e laméntase pola patria escravizada polo caciquismo. O poeta, criticando a situación do tempo presente e a falsa existencia do progreso do século, encamiña a súa fantasía a cantar as excelencias da literatura popular, transmitida de boca en boca, ao pé da lareira, nas reunións familiares nocturnas, cando en Galicia non se coñecía a fatídica emigración que acabou con este, idealizado polo poeta, ?paraíso de ventura?. Unha vez máis, Eladio Rodríguez González manifesta a súa opinión totalmente negativa da emigración e idealiza un mundo de miseria no que pode máis o amor á terra e á familia que a situación penosa que se padece. A lenda que o eu narrador afirma que lle contou un vello sinxelamente e que pode compararse cos Idilios de Teócrito, sitúase no Entrimo, nun lugar onde o río Limia se chama O Puzo do Barco precisamente pola lenda que conta que San Felis, chegando de Portugal, perseguido polos infieis que o martirizaran, trata de alcanzar a outra beira onde está o barco, atravesando milagrosamente as augas montado a cabalo. A composición, feita desde unha óptica realistacostumista, ten características culturalistas na alusión a autores clásicos como Teócrito e na descrición da mañá chea de sons naturais, aos que compara cos de Wagner, Listz e Beethoven; está presente tamén a profunda fe do poeta na esperanza na vida futura que provoca a resignación nesta; o amor por Portugal, país considerado irmán de Galicia, maniféstase na exposición da idea dunha Unión Ibérica. ?As festas da miña terra?, premio ao tema XIV, é un poema enteiramente costumista, no que se fai a descrición dunha romaría galega, en versos de oito sílabas, rimando os pares. De carácter alegre, esta composición non deixa de presentar a profunda fe e amor do autor pola relixión, manifestada na descrición da procesión e culto de San Roque, santo milagreiro, a quen pide que cure a Galicia da lepra da que está cuberta. Hai unha contraposición entre o campo e a vila, criticando aos vilegos por avergonzarse de ser galegos. ?¡Arrenégote moda!?, premio ao tema XII, é unha composición satírica estructurada en tres partes, en quintillas de versos de oito sílabas. Critica aquí os excesos da tirana moda, señora que casou con ?don Mal gusto?, enxendrando un antiestético fillo chamado ?don Polisón?. Hai un certo didactismo na afirmación de que a moda non fai ás
Nº 362
76