BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Eladio Rodríguez González
González por ?O puzo do Barco?11, recibindo un primeiro accésit Manuel Amor Meilán pola composición titulada ?O alalaa? e un segundo o poeta de Betanzos Manuel J. Lema pola titulada ?A yalma de Elena?; o premio ao tema XI, memoria das mulleres célebres de Galicia, foi para Manuel Casás Fernández, conseguindo un accésit Manuel Amor Meilán; o premio ao tema XII, composición censurando a moda, levouno Enrique Labarta Pose pola composición ?Os caprichos da moda?, logrando un primeiro accésit Eladio Rodríguez González pola composición ?Arrenégote moda?12 e un segundo Genaro Mariñas González pola titulada ?A Moda?; o premio ?Lira de plata? do tema XIV, descrición dunha romería galega, foi para Eladio Rodríguez González a composición ?As festas da miña terra?13, conseguindo un primeiro accésit Manuel Amor Meilán pola composición en castelán ?Una romería en Galicia? e un segundo pola composición que, co mesmo título, presentaba Enrique Labarta Pose. Manuel Amor Meilán aínda recibiu un primeiro accésit ao premio ?Rosa de plata? do tema XV, por unha poesía dedicada a Betanzos. Nomes importantes no panorama cultural galego como Francisco María de la Iglesia, Heraclio Pérez Placer, Andrés Martínez Salazar, Manuel Amor Meilán, e Enrique Labarta Pose participan neste Certame, conseguindo tres deles varios premios: Labarta Pose, dous; Manuel Amor Meilán, catro e Eladio Rodríguez González, catro.
?Os horfos da emigración?, presentada co lema ?Tende, por Dios, compasión/dos horfos da emigración?, é unha composició estructurada en sete partes, en versos de arte maior, de 11 sílabas, rimando os pares. Na primeira parte, ?A paz do lar?, de carácter narrativodescritivo, un eu narrador sitúa espacial e temporalmente os feitos e presenta os personaxes: nunha aldea e nunha noite de xaneiro, o tío Antón coa súa familia, cargados de trabucos e foros, viven nunha situación penosa de miseria e de fame que contrasta cos cantos do pobo nunha fiada. O tío Antón diríxese á súa muller directamente expoñendo as delicias do lar propio e as desgracias que teñen que aturar os emigrantes lonxe da terra, en versos de oito sílabas estructurados en cuadras co esquema abbc. A emigración é contemplada negativamente, constrastando a situación do personaxe pobre que non emigrou pero que ten un lar propio onde rezar a familia unida, coa situación provocada pola morte dos que marcharon deixando os orfos da emigración que se ven obrigados a pedir esmola.?A vida dos probes? é o título da segunda parte na que a voz narradora, combinando versos de dez sílabas con versos de seis, nun cadro costumista, fai eloxios da terra e da paisaxe de Galicia, coas súas xentes alegres e traballadoras pero tamén sufridoras, cos pés descalzos soportando os rigores do frío, traballando para os señores; entre costumista e social é esta parte, conmovendo a tristeza das xentes, plasmada nos versos ?Y os labregos salindo das portas/coa tristeza cravada na ialma/ van indo con calma/labraren as hortas/que deles non son?. A descrición costumista deixa paso á exposición real e crítica da dura vida dos labregos que só teñen
Nº 362
74