Eladio Rodríguez González
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
muller que non foi axudada polos habitantes do lugar, anúncialle que os castigará pola súa falta de caridade, asulagando a vila.
A entusiasta acollida do público e da prensa foron motivos suficientes para a convocatoria, no ano seguinte, deste Certame literario ou segundos Xogos Florais que, co mesmo lema de Patria, Fides, Amor, convocaba o citado semanario. As modalidades das composicións incrementáronse no Certame de 1877, desde as oito do Certame de 1866, ata as quince, cos seus correspondentes premios. A lingua galega era unha vez máis a preferida, sendo obrigatoria para o premio Flor natural ou Premio de honor que se adxudicaría ao autor da máis inspirada composición poética, con liberdade de asunto; a modalidade IV, que tiña como premio un exemplar das obras completas do duque de Rivas, sería para a mellor novela de costumes, escrita en galego; a modalidade VI, fábula ascética, era tamén para unha obra escrita en galego; a modalidade VIII, premio ?Clavel de plata?, para o autor da mellor lenda, escrita en galego; a modalidade XII, ?Margarita de plata?, para a mellor composición que censurase a moda, sen omitir o polisón, escrita en galego; as modalidades XIV e XV, ?Lira de plata? para a mellor composición que describise unha romería galega e ?Rosa de plata? para a mellor composición poética dedicada a Betanzos, podían ser escritas en galego ou en castelán. Só no caso das modalidades de Memorias que fan relación á historia de Betanzos, non se determina a lingua. Nos demais casos, a lingua preferida é claramente a lingua galega, non estando excluída tampouco das Memorias. Obsérvase ademais, nas modalidades de premios, a preferencia pola literatura popular, que tería que manifestarse nos usos, tradicións e costumes do pobo galego. A entrega de premios, que estaba anunciada para o día 17 de agosto, coa finalidade de contribuír ao explendor das festas patronais, tivo que aprazarse para o día 25 de setembro, celebrándose o acto no Teatro Capitol ás catro da tarde. O Xurado estaba formado por Segundo Moreno Barcia como Presidente; Manuel Marcos Santos, secretario; Darío García; José María Montes e Manuel Martínez que, por non poder asistir ao acto, foron sustituídos polo poeta brigantino Fernando García Acuña e por Hipólito Codesido. O Premio de honor ou Flor natural, foi para a composición titulada ?Os horfos da emigración?8 de Eladio Rodríguez González, lida no acto polo autor que foi intensamente aplaudido. Quedaron desertos os temas das Memorias, a fábula ascética en galego e a relación histórica sobre os costumes e progreso da República Arxentina. O accésit ao Premio de honor foi para Francisco María de la Iglesia, pola composición titulada ?O Ciclón?; o premio ao tema IV, novela de costumes galegas, obtívoo Manuel Amor Meilán por Os fillos da praya9, recibindo un accésit Heraclio Pérez Placer pola titulada Predicción10; a ?Pluma de plata? do tema V, memoria histórica das fundacións en favor das clases pobres que existiron na cidade de Betanzos, conseguiuna Andrés Martínez Salazar; o ?Clavel de plata? do tema VIII, lenda galega, foi para Eladio Rodríguez
73
Nº 362