BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Eladio Rodríguez González
posición de Labarta Pose e para a que co mesmo título en castelán presentaba Lino Portela Calderón da Coruña. Os tres premios foron para composicións en lingua galega e, dos cinco accésits, catro foron para composicións escritas en castelán e un para unha composición en galego.
O Certame pretendía axudar ao renacemento da literatura galega o que se manifesta no feito de que, en igualdade de condicións, debían preferirse os traballos escritos en galego, considerando os promotores, con entusiasmado patriotismo e ilustración, que era necesario crear modelos de lingua literaria, sobrados en castelán e escasos na literatura galega; da predilección dos asistentes ao acto de entrega de premios polas composicións escritas en lingua galega infórmanos o xornal La Voz de Galicia na descrición que fai do Certame, onde non faltan eloxios á lingua, presentes tamén nestas palabras: Fueron muy aplaudidas las composiciones y celebradas en particular las gallegas, pues al mérito literario general de que participan unas y otras, unen éstas el timbre cariñoso y el sabor gratísimo de la lengua madre. A predisposición pola lingua para as composicións que se presentasen a futuros certames maniféstase claramente na Memoria do Certame por parte do secretario Salvador Golpe quen, ademais, fai esta chamada aos escritores galegos, cando a cidade de Betanzos os convoque para cantar os seus feitos: Cuando os llamare otra vez y los cantareis sin duda alguna en el dulcísimo idioma de Alfonso IX de León y del enamorado Macías, que es el lenguaje de vuestra, y de todos nosotros, adorada Galicia. A composición de Eladio Rodríguez González, saudada por Salvador Golpe como ?una joya más en la literatura regional?, manifesta a preferencia do autor premiado polos costumes galegos e tamén os seus profundos sentimentos relixiosos. Estructúrase en doce partes nas que alternan fragmentos en versos de arte maior de 11, 12 e 14 sílabas, con outros en versos de arte menor, predominando os de oito sílabas. Abre a composición un eu que manifesta que non vai facer unha harmoniosa canción para o que modestamente afirma non ter capacidade senón que, facendo un canto á literatura popular, anuncia que vai contar unha lenda que lle transmitiron de forma oral. A continuación fai unhas reflexións sobre os últimos anos do século XIX, aclamado por algúns como o século do progreso, que el non ve por ningunha parte; critica o esquecemento do pasado polos falsos progresistas; lembra o paraíso perdido da infancia cando súa nai lle contaba historias ao pé da lareira; fala dos vates que cantan as belezas de Galicia e anticipan as súas glorias futuras, situándose el como un poeta que non sabe nada do futuro porque considera que os ideais están no pasado. A continuación dá comezo a ?historia? que se localiza espacialmente no Carballiño, no lugar do Lago e cronoloxicamente no século IX, máis concretamente no ano 840, cando os fillos da nobre Suevia vivían felices sen grandes riquezas. Con moitos momentos de descricións líricas da paisaxe, cóntase a aparición da Virxe que, enviada por Deus a unha pobre
Nº 362
72