Eladio Rodríguez González
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
sicións e os autores premidados. A convocatoria destes primeiros Xogos, por causas alleas aos desexos dos convocantes, segundo manifestacións do secretario Salvador Golpe4, demorouse moito, tendo os participantes pouco máis dun mes para preparar as súas composicións; esta demora provocou tamén a imposibilidade de desenvolvemento dalgúns traballos, tendo que quedar desertas tres modalidades referentes ás Memorias sobre aspectos de Betanzos e tamén a modalidade de poesía galega dedicada á muller. O escaso tempo entre a recepción da invitación e a celebración do acto determinou ademais que dona Emilia Pardo Bazán, requerida para presidir o certame, non poidese aceptar.
As entradas para a entrega de premios deste primeiro certame, que se celebraría o 17 de agosto de 1886 no edificio do Arquivo Xeral, eran por invitación, feito que destaca o semanario que dirixía Hipólito Codesido contrapoñéndoo ao acontecido no certame celebrado en Pontevedra nese mesmo ano, no que tamén resultara premiado o autor, onde as entradas foran vendidas a cinco reais e a catorce as butacas. No primeiro certame había oito modalidades de premios para composicións en verso ou prosa, sete delas podían ser escritas en galego ou en castelán, a modalidade VIII, ?Medalla de plata? a unha poesía dedicada á muller, escrita obrigatoriamente en galego, quedara deserta. O presidente Daniel Suárez formaba o xurado con Antonio de la Iglesia5, José María Montes, Hipólito Caramés e Manuel Martínez, actuando como secretario Salvador Golpe. Presentáronse a estes primeiros Xogos Florais 31 composicións. O Premio de honor ou Flor natural adxudicouse ao poema co tema da emigración ?¡Probe Jan!, probe Janiño! ¡probe gaiteiro de Bayo!?, de Enrique Labarta Pose, autor premiado tamén cun accésit pola composición en castelán titulada ?¿Es conveniente el baile??, composición humorística que entraba na modalidade II. Eladio Rodríguez González foi premiado na modalidade IV coa ?Pluma de plata? pola mellor lenda da Virxe, referente a Galicia, escrita en verso e titulada ?O puzo do Lago?6, presentada co lema ?Eu non quero ir a Betanzos/ganalo prémeo ofrecido/sinón pra lembrar somentes/o que temos esquecido?. Dos autores premiados, entre os que estaba Salvador Cabeza de León, galardoado cun accésit polo poema en castelán titulado ?Primavera?7, só estivo presente Manuel Amor Meilán, recibindo un accésit pola composición patriótica en verso, estructurada en seis partes co título de ?Galicia?; foi Antonio de la Iglesia o encargado de ler a composición premiada de Eladio Rodríguez González. Das oito modalidades, concedéronse tres premios, Flor natural para Labarta, ?Pensamiento de plata sobredorada? para o poeta do Carballiño, Rogelio Cibeira, pola composición humorística en galego titulada ?¿Convén o baile?? e ?Pluma de plata? para Eladio Rodríguez González; concedéronse ademais cinco accésits, tres ao Premio de honor para ?La emigración?, poema en castelán de Eduardo Pato y Martínez de Santiago, ?Primavera? de Salvador Cabeza de León e ?Galicia? de Manuel Amor Meilán; e dous na modalidade II para ?¿Es conveniente el baile??, com
71
Nº 362