BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Eladio Rodríguez González
Aqueles certames literarios anuais, especialmente poéticos, que tiveron a súa orixe en Toulouse no ano 1324 para estimular o cultivo da poesía provenzal, conseguiron unha rápida repercusión na área cultural de Cataluña, sendo Juan I de Aragón quen, en 1393, instituiu os primeiros Xogos florais de Barcelona que se celebrarían ata o século XVI, ficando postergados ata o século XIX cando, polo impulso da Renaixença, foron restaurados no ano 1859; a partir deste ano, a súa celebración estendeuse a outras localidades de Cataluña e a outras nacionalidades como Galicia. Nun ambiente de amor polas culturas propias e polas doutrinas rexionalistas, convócanse os Xogos Florais da Coruña, os primeiros de Galicia, en 1861, promovidos por don José Pascual López Cortón, esposo de dona Julia Viqueira. Aínda que hai obras premiadas escritas en castelán, este certame pode considerarse, pola importancia e número dos autores, como o punto de partida do Rexurdimento galego. A partir de aquí, os Xogos Florais convértense nunha institución que trata de crear modelos e normas poéticas primando o amor á terra, á lingua galega e ás tradicións, celebrándose en Santiago de Compostela, en Pontevedra e, exclusivamente en galego no ano 1891 na cidade de Tui. Eladio Rodríguez González, como moitos autores da súa época imbuídos polo ambiente galeguista, utilizou moitas das plataformas activadoras da cultura galega e, nesta liña, presentou composicións poéticas a diversos certames, estreándose nas cidades de Betanzos e Pontevedra no ano 1886. No Certame literario celebrado en Pontevedra nese ano, foi premiado cun accésit pola composición titulada ?A noite de San Xoán?. Presentouse tamén aos Xogos Florais celebrados na cidade pontevedresa de Tui, organizados pola Asociación Rexionalista no ano1891, conseguindo un premio pola composición co título de ?Desperta?; a titulada ?Sombras? obtivo un premio nun Certame celebrado en Lugo no ano 1915; ?Paisaxes? conseguiu o primeiro premio no Certame literario que se celebrou en Santiago de Compostela en 1916; ?Alma da Raza? e ?¡Malpocado!? foron, respectivamente, primeiro premio e premio extraordinario na Festa Galega que se celebrou en Lugo no ano 1918; ?Oracións campesiñas?, composición que dará título ao seu segundo libro publicado, mereceu o Premio de honor na Festa da Lingua Galega que se celebrou en Santiago no ano 1924. Todas estas composicións formarán parte dos seus libros. A cidade do Mendo e do Mandeo non foi a primeira pero tampouco a última en celebrar certames literarios para axudar ao florecemento das letras galegas e foi precisamente nesta cidade onde don Eladio obtivo máis premios. Foron dous os certames promovidos polo periódico local Las Mariñas3 nos anos 1886 e 1887. Baixo o lema de Patria, fides, amor, este xornal, coa mesma pretensión dos convocados na Coruña en 1861, trata de axudar ao renacemento da literatura galega, inaugurando en 1886 os primeiros Xogos Florais que se celebraron na cidade das Mariñas. Andrés Martínez Salazar publicou na revista Galicia as memorias dos dous certames xunto coas composicións premiadas, no ano 1887 a primeira e en 1888 a segunda, por estas publicacións podemos coñecer as compo
Nº 362
70