Eladio Rodríguez González
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Certames, como membros do xurado ou como participantes, están varios dos que serían os futuros corenta membros fundadores da Real Academia Galega: Manuel Amor Meilán, Salvador Cabeza de León, Salvador Golpe e Eladio Rodríguez González. Os dous certames foron lugares de encontro de autores que se fixeron compañeiros no amor á causa literaria galega, voces que, a través da lectura dos textos reunidos, provocan un efecto global na percepción dunhas liñas poéticas que se entrelazan polifonicamente. Voces que se cruzaron e se tornaron cómplices na paixón polas palabras e polo mundo da poesía en galego.
N O TAS 1. Seguimos a Amancio Liñares e Antonio Puentes no artigo ?O nacimento de Eladio Rodríguez?, publicado en La Voz de Galicia, o día 7 de febreiro do ano 2001, no que aclaran que a data de nacemento de don Eladio é o día 24 e non o día 27, data esta última da inscrición no Libro de Bautizados. 2. Na primeira edición deste segundo libro, anunciábase a próxima publicación dun terceiro libro de versos galegos que se titularía Sementadores de Ideal. 3. O semanario Las Mariñas, ?Periódico de intereses generales? (18831898), dirixido por Hipólido Codesido e posteriormente por Juán Gómez Navaza, publicábase en Bergondo e caracterizábase polas loitas entre os diferentes sectores da burguesía local. 4. Salvador Golpe participara nos Xogos Florais que se celebraron na cidade de Santiago de Compostela o 28 de xullo de 1875. 5. Don Antonio de La Iglesia, secretario dos Xogos Florais da Coruña, do ano 1861, fora o encargado da organización do Album de la Caridad co ?Mosaico dos vates galegos contemporáneos?. 6. Folerpas, Biblioteca Gallega, Ed. Andrés Martínez Salazar, A Coruña, 1894, p.203. 7. Don Salvador Cabeza de León formará parte, como secretario, dos Xogos Florais que a ?Asociación Regionalista Gallega? organiza en Tuy no ano 1891, presididos por don Manuel Murguía, enteiramente en galego. Neste certame foi premiado tamén Eladio Rodríguez González e unha autora moi achegada a Betanzos como Filomena Dato Muruais. 8. Folerpas, ed. cit., pp. 2157. 9. Novela que foi publicada na Tip. Vda de Castañeira de Betanzos, no ano 1887. 10. Novela publicada en O tío Marcos da Portela, 18871888. 11. Folerpas, ed. cit. pp.139163. 12. Folerpas, ed. cit., pp.7987. 13. Folerpas, ed. cit., pp.171183. 14. ¡É o pasado que morre! A lira daime,/e si canto ese morto... perdonaime. Obras Completas de Curros Enríquez, Librería de los suc. de Hernando, Madrid, 1908, V.I, p. 6.
79
Nº 362