Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
debuxante, sinalando os nomes das diferentes partes, para logo pasar todo a limpo, na tranquilidade do gabinete, que tentar interpretar unhas notas tomadas nunhas ?horas de conversa cuns pescadores? e elaborar unha lectura global, absolutamente etic, da vida dos pescadores de dorna. A présa na recolleita dos datos levouno necesariamente a confundir cousas como o reparto das ganancias, pois semella que os donos das dornas as mercaron porque lles apetecía axudar ós veciños, xa que todo se dividía en partes iguais, ?non tendo o propietario outra ventaxa que a de tripulal (sic) o barco en calidade de patrón?. Cando, moitos anos despois, escriba a Etnografía, repetirá case textualmente parte do aquí escrito, pero corrixirá o parágrafo anterior, dicindo: ?indo o dono en calidade de patrón e traballando todos á parte, fora da mitade que corresponde ó patrón? (LORENZO, 1962: 383). Isto xa ten unha lóxica, pois resulta estraño que un home invista nunha dorna 1000 pesetas ou 100 pesos, se é pequena como D. Xaquín nos dipara poñela no mar a traballar de balde23. Os anteriores erros non fan desmerecer o gran valor desta pequena obra, que, nunha data tan temperá como 1934, deu a coñecer á comunidade científica, que vivía absolutamente de costas ó mundo do mar, unha realidade nova24. Estamos diante dun estudo pioneiro, non por falar do mar galego que, como vimos de ver, xa contaba con algunhas importantes incursións, senón polo tratamento, polo enfoque antropolóxico global que presenta, empregando como fío condutor, case como pretexto, unha embarcación. Non se contenta coa súa fina e exhaustiva descrición, senón que tenta ?independentemente de que non atine totalmente incardinala na economía mariñeira, preocúpase polo seu custo, os tripulantes que traballan nela, os aparellos que leva e as mellores horas de usalos, os peixes que se capturan, os ingredientes das caldeiradas, o que duran as mareas, as comidas a bordo e a roupa de augas e o seu custo. Fala de solucións a rompeduras de pezas, de utensilios auxiliares e de naufraxios e aínda lle sobran unhas liñas para atinar, el, que era un home de terra a dentro, a razón da diferenza entre un campesiño e un mariñeiro, chegando a dicir que: ?A incertidume da súa vida, sempre por riba das augas treidoras dá a istes homes un esprito xeneroso e un amplio concepto da vida e das súas pasións?. E, amosando o lirismo que en ocasións envolvía os seus traballos, o que demostra que, para el, o estudo da cultura material era a procura do ser galego, do Volksgeist, que se vai forxando tamén a través dos obxectos, velaí este exemplo: ?Semellantes aos croios que o mar axota ás praias, istes homes perderon ao contacto co mar as aristas que se sinalan ferintes en moitos aspectos da vida campesiña?25. Pode tamén resultar sorprendente que D. Xaquín, percibindo que a dorna está xa entrando nunha fase de declive que anuncia a súa desaparición26, diga o seguinte: ?Non é de lamentar a súa perda, sempre que esta siñifique un progreso, mais coidamos que istes documentos populares deben ser coidadosamente estudados: teñamos en conta que ilas forxaron a alma arriscada e valente dos nosos mariñáns?. Este parágrafo mostra un etnógrafo nada nostálxico, que celebra o progreso, pero que invita a recoller estes ?docu45 Nº 365