BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
prospeccións na zona, que se prolongaría durante os anos 196162, recuperando unha inxente cantidade de materiais arqueolóxicos, tanto en superficie, como en posición estratigráfica. Ante a potencialidade do xacemento, Álvarez Blázquez tomou unha posición de cautela e en vez de escavalo directamente, ponse en contacto co eminente paleontólogo Emiliano Aguirre. Por aquel intre Aguirre formaba parte do equipo internacional que, baixo a dirección do arqueólogo americano F. C. Howell, escavaba nos xacementos arqueopaleontolóxicos de Ambrona e Torralba (Soria). Trala visita de Aguirre ás Gándaras, proxéctase unha campaña de sondaxes que se desenvolvería durante o verán do ano 1963 (coa axuda financeira da WennerGreen Foundation americana). Estes traballos documentarían importantes concentracións de ferramentas de pedra (asociadas a zafras) que foron interpretadas como obradoiros (Aguirre 1964). Álvarez Blázquez estivo en todo momento involucrado, tanto na escavación, coma na posterior clasificación dos materias recuperados no transcurso desta primeira campaña. As expectativas sobre o xacemento cumpríronse e Budiño erixiuse nun dos xacementos hachelenses máis importantes, e á vez controvertidos, da Península Ibérica2. REFLEXIÓNS SOBRE AS SÚAS ACHEGAS Á ARQUEOLOXÍA GALEGA Como puidemos comprobar nas liñas precedentes foron moitas e variadas as achegas de Álvarez Blázquez á arqueoloxía galega. Ao bo facer de Álvarez Blázquez debemos descubrimentos tan sensacionais coma o das estelas da rúa Hospital, a cista de Atios ou o propio xacemento de Budiño. Estamos ante descubrimentos excepcionais que en moitos
Figura 18. Fotografía (Nonn 1967: 103) na que observamos a colección de materiais recuperados por Álvarez Blázquez no xacemento das Gándaras de Budiño.
Nº 369
184