Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estes dous artigos foron as dúas grandes contribucións escritas que Álvarez Blázquez deixou na investigación do Paleolítico galego, e que foron durante moitos anos referencias ineludibles á hora de afondar nesta época. Con isto, debemos ir máis alá e podemos dicir que o seu labor neste eido non se cinguiu unicamente a estes traballos. Ao longo dos anos, Xosé María, seguiría procurando incansablemente polas beiras do Miño e nos arredores da bisbarra de Vigo estas antigas pegadas da presenza humana. Neste afán, asistiría a un dos grandes fitos da investigación arqueolóxica galega: estamos a falar do descubrimento e posterior estudo do xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño (O Porriño). AS GÁNDARAS DE BUDIÑO O xacemento das Gándaras de Budiño descubriuno o xeógrafo francés Henri Nonn no ano 1961 durante a elaboración da súa tese de doutoramento. Este era un traballo eminentemente xeolóxico, pero durante o estudo dos sedimentos da cunca do Louro, decatouse da presenza de materiais líticos de aspecto paleolítico (Nonn 1966). Posto en coñecemento de Álvarez Blázquez, e consciente da importancia do descubrimento e da oportunidade que se lle presentaba, decidiu emprender unha campaña de
Figura 17. Fotografía tirada do libro Vigo en su Historia na que observamos a Álvarez Blázquez (bastón sinalando a posición dun bifaz no xacemento das Gándaras de Budiño).
183
Nº 369