Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
O PALEOLÍTICO DO BAIXO MIÑO No ano 1949 sairá á luz a súa primeira gran publicación no eido da arqueoloxía paleolítica; estamos a falar do artigo titulado ?Industrias Paleolíticas de la Comarca de Tuy? publicado no fasc. XIII do núm. IV da revista Cuadernos de Estudios Gallegos (Álvarez Blázquez e Bouza Brey 1949; Méndez Quintas 2008b: 4376). Asinado en compaña de Fermín Bouza Brey, neste traballo estudan a maior parte dos materiais de ?filum? paleolítico recuperados polo propio Álvarez Blázquez, durante as prospeccións do grupo Ultreia de Fernández Costas na bisbarra de Tui. Os materias publicados (26 pezas) non son todos os recuperados inicialmente, xa que unha parte importante dos mesmos se perderon trala desaparición do museo do Instituto de Tui no 1936. Formalmente, o artigo consta dunha completa introdución á xeoloxía pleistocena da cunca baixa do Miño, na que se caracterizan os distintos tipos de depósitos fluviais existentes na zona. A isto séguelle un completo estado da cuestión sobre a investigación do paleolítico galego, onde queda patente o potencial da zona e a ?dependencia? con respecto ás investigacións desenvoltas polos investigadores lusos (Abel Viana, Jalhay...) a comezos de século. Tras isto, introdúcese xa no estudo propiamente dito dos materias arqueolóxicos, onde queda patente o amplo coñecemento da metodoloxía da época no estudo das industrias líticas. Estes son agrupados en 5 períodos diferentes, con connotacións culturais e cronolóxicas propias: hachelense Antigo, hachelense Medio, hachelense Superior, Camposanquiense e AncorenseProtoasturiense. Para finalizar, atopamos un extenso apartado, onde se discuten pormenorizadamente as particularidades cronolóxicas e as relacións culturais entre os distintos complexos industriais diferenciados. Estamos pois, ante unha das primeiras propostas de secuenciación do Paleolítico galego, que se matizará en traballos posteriores, e que se mantivo en vigor en Galicia ata datas máis ben recentes. Poucos anos despois, en 1952, verá a luz o outro grande artigo sobre arqueoloxía do Paleolítico, semellante ao anterior no formal, pero cunha base xeográfica e un rexistro arqueolóxico máis amplo. Este publicouse no fasc. 34 do volume XIV da revista portuguesa Trabalhos de Antropologia e Etnologia, co título ?Industrias paleolíticas do Baixo Miño (concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Oia)? (Bouza Brey e Álvarez Blázquez 1954; Méndez Quintas 2008b: 77110). Neste caso o artigo encabézao Bouza Brey e xa non se limita á bisbarra tudense, senón que abrangue boa parte do Baixo Miño, aínda que a maior concentración de material procede da parroquia de Goián (Tomiño). A novidade con respecto ao artigo precedente está no aumento substancial do conxunto material estudado, publicándose unha selección dos materias máis ?interesantes? (unhas 73 pezas). Así mesmo, unha parte importante do lote agora publicado, non proceden xa da recollida directa de Álvarez Blázquez, senón que son achegas dalgúns dos seus amigos e á vez colaboradores. Neste senso, temos
181 Nº 369