MANUEL MURGUÍA
tanto se distinguiu na Corte de Castela, durante o reinado de Juan II e do seu privado Don Álvaro de Luna, nos inicios do século XV. Ó inicialo discurso, amosou o disertante o seu agradecemento á Real Academia Galega e reiterou o seu amor a Galicia coas seguinte palabras: No me faltará jamás corazón para agradecer tal distinción ni tampoco para amar y laborar por esta tierra bendita donde Dios se ha dignado que y o n a c i e r a. O magnífico traballo de erudición histórica foi contestado polo ilustre maxistrado e distinguido académico Don Sebastián Martínez Risco, en substitución de Don Ramón Villar Ponte, falecido pouco tempo antes, quen, como bo viveirense, suxeríralle ó novo académico o tema do discurso. Durante os longos anos da súa pertenza á Academia, foi Chao Espina un exemplar académico que contribuíu con toda a súa vontade e esforzo ó mellor desenvolvemento dos fins culturais de Galicia, enriquecendo os fondos bibliográficos e documentais da nosa institución co legado da súa biblioteca particular formada por máis de 3000 volumes. Outras institucións tanto españolas como portuguesas contárono entre os seus membros. Así foi correspondente do Instituto de Coimbra, numerario da Academia de Doctores de Madrid,
295
formando tamén parte do Instituto Arqueolóxico, Histórico e Etnográfico de Lisboa. A súa obra literaria é un fiel reflexo das virtudes e calidades das que fixemos mención e ó que temos que engadila súa vocación como sacerdote e profesor. A súa producción literaria é moi abundante e de temática variadísima, xa que abrangue desde os textos de obras docentes e poemas ata a Xeografía e a Zooloxía. Como profesor de lingua portuguesa escribiu varios libros de texto e traballos de investigación sobre a natureza das linguas galega e portuguesa. Escritor en prosa e verso, é de notar o gran número de obras e estudios sobre temas viveirenses, mostra do seu gran amor á cidade natal. Notable poeta escribiu inspirados versos en galego, portugués e castelán, moitos dos cales figuran incluídos en Tria Corda, obras históricas como Los normandos en Galicia, biografías, novelas e narracións como Leyendas Gallegas, descricións xeográficas e paisaxísticas como La costa lucense y coruñesa en los caminos de San Andrés de Teixido, zoolóxicas e de ambiente mariñeiro como Tres monstruos de los mares gallegos y otros temas. Antonio Gil Merino