Manuel Curros Enríquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
ii) Comenzo dun refrán (recorrinte con variacións, que mostra un laio de tristeza do protagonista e a resposta dun sapo). iii) Monólogo dramático do vello estrofas IIIIV, facendo dorido reconto da súa situación (perda da muller, perda da casa e a facenda, botado a pedir esmola). iv) Refrán, relación dialóxica do vello co sapo e reacción compresiva deste. v) Outro anaco do monólogo, agora estrofas VVI a modo de apóstrofe da confidencia ó sapo, sobre a soidade e o desamparo que os dous home e animal sofren. vi) Voz do narrador, de outra volta, co apunte estrofas VIIVIII de novos signos escénicosnoite pecha, lúa, xeada, oulear do lobo e cinésicos do personaxe (?ergueuse da pedra i o pau recadóu?) co seu xesto de radical indignación e rebeldía cara o ceo (?virou para os seus o puño pechado?). vii) Remate do refrán, subliñando a ollada do sapo que sigue na distancia o camiñar do vello, e a repetición do seu monótono croar.
Vistas as tipoloxías discursivas caracterizadoras e as formas lírica cadro (estampa), escena, episodio de meirande relevo, queda por considerar unha clave da modalización moi pertinente pola súa recorrencia, polo seu valor na poesía de Curros: refírome á actividade da función ideolóxica, é dicir, ás marcas ou sinais, xestos de implicación, etc., que o falante lírico deixa, en canto suxeito modalizador, no enunciado poemático21. Un uso entenderásemoi propio dos supostos (xa coñecidos) e da actitude creadora do noso poeta. Un bo exemplo dese uso ou actividade da función ideolóxica atópase no poema ?Os mozos?. Trátase, en canto forma lírica, do que poderíamos chamar unha estampa da privación, centrada na desolada visión dunha aldea afundida na tristeza e o desamparo, nos signos da miseria (?¡A terra sin frutos, a feira sin xente, / sin braxos os campos /??), e baixo o axexo sinistro da ?fame sombría? e de ?manadas famentas / de lobos montesos? que oulean sinais de morte. Todo é, pois, imaxe da desolación e o vencemento. Pois ben, ó longo desta sostida e dramática descrición tres estrofas, no remate da segunda hai un inciso tensivo do propio descritor poemático que, diante de tan terrible visión, implícase cun ?xesto? que se resolve en pregunta: ?¿qué vai a ser deles na crúa invernía??, modo da interrogación retórica coa que quere fortalecer, aínda máis, a visión da fatal situación de abandono que esas xentes da aldea viven. Pero o máis significativo queda no remate, pois toda a última estrofa contén unha apóstrofe docente dirixida polo falante (imaxe do autor implícito) ós ?mociños honrados / de sangue bravía? instándoos á acción, a que, ?si ó mal dos petrucios non fordes alleos?, rebélense contra esa situación de inxustiza (?libradeos da morte?). A exhortación que pecha é dabondo ilustrativa, e ben nos traslada o pulo rebelde e a razón ideolóxica do noso poeta.
189
Nº 362