Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
NOTAS
1. Para levar a cabo esta miña análise baseeime nun amplo abano de escritos de Martín Sarmiento: obras publicadas de antigo, escritos editados modernamente (boa parte deles por José Luis Pensado), así como traballos non publicados nin editados, conservados en manuscrito (entre eles a importantísima Obra de Seiscientos Sesenta Pliegos, aínda inédita), e mesmo parte da súa correspondencia (editada non hai moito polo Consello da Cultura Galega). De grande utilidade son as edicións do profesor Pensado, quen foi o principal especialista na vida e na obra do bieito galego, polos moitos datos que fornecen acerca das mesmas; datos que foron magnificamente recollidos e condensados nun curto ensaio: Fray Martín Sarmiento, testigo de su siglo. Igualmente é de salientar, pola axuda ofrecida á hora da realización deste artigo, o libro de Pilar Allegue A filosofía ilustrada de fr. Martín Sarmiento, gracias ao cal é posible inserir os diversos aspectos da obra de Sarmiento dentro das súas premisas filosóficas e gnoseolóxicas (e esa faciana de anticuario non será nisto unha excepción, como se verá ao final deste traballo). Sobre a cronoloxía dos escritos de Sarmiento, cf. Pensado (1995) Termo ambiguo porque podía designar ao mesmo tempo un eido concreto de investigación histórica, con métodos e fontes particulares; o obxecto de estudio desas investigacións; ou ben as fontes das que facían uso esa caste de estudios para coñecer os tempos pasados que se examinaban (e así, era moi frecuente denominar antigüidades ou antigallas os vestixios materiais do pasado que consideraba o anticuario no decurso das pescudas: inscricións, estatuas, moedas, monumentos...). Velaí unha bibliografía básica (e incompleta) acerca dos anticuarios e das antigüidades: Cochrane (1981); Crawford e Ligota (1995); Grell (1995); Kendrick (1950); Miller (2000); Momigliano (1979 e 1990); Parry (1995); Piggott (1976, 1985 e 1989); Pomian (1990); Schnapp (1993). Sobre os anticuarios españois tense escrito pouco, e sobre os galegos aínda menos. A miña Tese de Doutoramento (en curso de redacción) está dedicada a un aspecto particular do labor dos anticuarios peninsulares: a construcción da antiga historia de Galicia, nun período que abrangue dende a Idade Media ata o principiar do século XX. 4. Acerca do estudio das linguas celtas nos séculos XVII e XVIII véxase Droixhe (1978) e Tourneur (1905). Tamén en relación coas antigüidades romanas, Sarmiento afirmaba rotundamente a orixe romana da cidade de Lugo (a antiga Lucus Augusti) e do faro da Coruña, contra aqueles que no século XVII fixeran delas fundacións do mítico Hércules. Con todo, admitía que a lenda da Torre de Hércules contaba cunha cerna histórica: a existencia, durante a Antigüidade, dun culto a Hércules na bisbarra coruñesa, amosado por unha antiga inscrición dedicatoria a Hércules Xónico descuberta na igrexa de San Pedro de Soandres. Citado en Geographia de las cuatro vías militares romanas que salian de Braga, á Astorga. Sen dúbida a familiaridade de Sarmiento coas antigüidades romanas, así como certas características das mámoas, facían inclinar a balanza a prol da opinión de que estas eran monumentos funerarios romanos: un nome que derivaba claramente do latín; a relación que el vía entre a distribución das medoñas e o percorrido das vías romanas; a coincidencia entre o ritual de incineración constatado nas mámoas e os costumes funerarios de Roma; ou os indicios que el posuía verbo da descuberta de inscricións latinas no interior dos monumentos megalíticos. Todos estes eran argumentos que contribuían a convencelo da súa opinión. Os cales debían pesar con máis forza ca outras noticias que daban unha orixe preromana a eses monumentos, e que el debía coñecer: p. ex. a través de L´Antiquité expliquée et répresentée en figures de B. de Montfaucon, onde se atribuían as tumbas megalíticas aos pobos setentrionais anteriores ou contemporáneos dos romanos (galos, britóns, xermanos, escitas, daneses). Tamén outro senlleiro anticuario galego do XVIII, Joseph Cornide, fará das mámoas monumentos romanos. Citado en Apuntamientos para un Discurso sobre la necesidad, que hay en España de unos buenos Caminos Reales, y de su publica utilidad... Subliñado no orixinal. Algúns crédulos labregos pensaban que aqueles que se interesaban por atopar e recoller vestixios do pasado eran meigos ou feiticeiros que coñecían os segredos necesarios para encontrar os tesouros dos mouros e das mouras encantadas. Sarmiento, a quen podemos imaxinar no decur
5.
6. 7.
2.
3.
8.
9.
165
Nº 363