Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
trucción de camiños debía fornecer da ocasión de atopar restos arqueolóxicos diversos que axudarían a ?reconstruír? a xeografía e a historia antigas, nomeadamente da época romana: inscricións, moedas, treitos de vías, ?cacharros? ou esculturas. Por este motivo afirmaba no escrito acerca dos camiños reais facíase moi necesaria a presencia de dous ou tres ?eruditos anticuarios? que supervisasen os labores de apertura de novos camiños, e que estivesen moi atentos para recoller obxectos ou para copiar as inscricións que entón se descubrisen. O mesmo pedía Sarmiento aos seus coñecidos: por exemplo ao seu irmán, de quen demandaba noticias sobre a inscrición da Almoíña; ou ao labrego Cyprián Fernández, advertido por el de ?vuscar y reservar todo género de antiguallas? (cf. a viaxe a Galicia de 1754). Igualmente, no proxecto de descrición corográfica total de Galicia estaba previsto que o equipo encargado de realizala se preocupase por anotar aqueles lugares onde se descubrisen inscricións e moedas antigas, sartegos ou mámoas, como resultado das informacións achegadas polos paisanos, ou ben atendendo aos indicios que ao respecto ofrecía a toponimia (Verea, Oleiros, Arcos...). Incluso chegará a solicitar que se leven a cabo ?escavacións arqueolóxicas? en lugares concretos de especial significación histórica coa confianza de efectuar importantes descubertas. Un bo exemplo desta preocupación ?arqueolóxica? de Sarmiento repetida en varios dos seus escritos era o interese que amosaba perante o achado de vestixios antigos na praia da Lanzada, no Grove. Alí atopáranse nove sepulturas, que el atribuía aos ?gentiles? por mor da disposición dos corpos, e o lugar prometía conter futuros ?tesouros arqueolóxicos? que axudasen a resolver algúns dos enigmas das antigüidades galegas. En concreto, el quería saber se alí estivera a antiga cidade de Lambriaca, citada por Pomponio Mela. De aí que propuxese unha investigación máis demorada, financiada polo erario público, e que implicase unha escavación do terreo en busca das ruínas da devandita cidade (quizais animado polos resultados das famosas escavacións de Herculano): ?Sobre los dichos 9 sepulcros de la Lanzada se podrían hacer muchas reflexiones si pasase allí un curioso y, a costa del público, hiciese se cavase en aquel sitio y se registrase todo...?, dicía no Problema Chorográfico para describir Galicia. E no relato da viaxe por Galicia no ano 1754 aínda era máis explícito: ?Sería del caso que el Rey mandase registrar a fundamentis todo aquel sitio y cabar á todos los lados, pues se hallarán allí monumentos raros, y acaso se podría fixar allí la antiquísima ciudad Lambriaca de Pomponio Mela?. Propostas que, supoño, non foron escoitadas. E por máis que esa preocupación ?arqueolóxica? non chegase tan lonxe como para pretender que os eruditos anticuarios furasen a terra e mailos montes ao xeito das toupas, como xa facían os ?philosophos? e estudiosos da Historia Natural que buscaban os ?fósiles naturais? (a expresión era súa); si que desexaba que os anticuarios se interesasen por observar e por rexistrar todos aqueles ?fósiles artificiais? (é dicir, os vestixios arqueolóxicos) que se descubrisen nas proximidades de onde habitaban (9). Aquí debe rematar este apartado. Constatouse ao longo do mesmo a énfase que puña Sarmiento no emprego de fontes diversas e auténticas á hora de se achegar ao pasado e
161 Nº 363