BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
che antiguo, que tenga letras ó caractéres, aunque no legibles, se deben recojer, y guardar, si es fácil de mover y portear; y si no se debe anotar y escribir tambien el sitio, en donde se halle el monumento que se moviere, y recojere?, insistía noutro lugar (cf. nota 6). Canto ás mámoas ou medoñas, cómpre atribuír a Sarmiento o mérito de ter sido el o primeiro cando menos así o indican os datos cos que hoxe contamos en salientar a potencial utilidade deses vestixios arqueolóxicos como fornecedores de informacións importantes sobre o pasado. E isto é así mesmo a pesar de que o propio Sarmiento non se ocupou de estudialas, pois neste sentido a preferencia polas inscricións e polas moedas (é dicir, polos vestixios do pasado que incluían sempre unha escritura) era ben patente. E tamén malia que a súa atribución cronolóxica e cultural das medoñas non se axeitaba aos nosos coñecementos actuais, porque coidaba que eran monumentos funerarios romanos, enterramentos que as xentes máis modestas erguían a rentes dos camiños. Sexa como for, o esencial da súa actitude con respecto ás mámoas era a conciencia e a convicción de estar perante uns testemuños do pasado dignos de seren conservados e investigados (7). Así, en troques de querer buscar no interior delas tesouros de ouro e de alfaias, como facían os ignorantes e supersticiosos, as mámoas eran para Sarmiento auténticos tesouros que se presentaban aos anticuarios cheos de útiles informacións que axudaban a coñecer o pasado: ?Los tesoros que los eruditos hallarán en esas Mamoas, si con critica las registran, y observan, serian Tesoros literarios. Con ellos se podrá adelantar la Geographia, la Antiguedad, y la Historia, y suplir mucho que no consta de los Autores antiguos, que se conservan.? (8). Dicía isto pensando en atopar inscricións romanas dentro dos monumentos. El insistía nos beneficios que o exame das medoñas podía reportar ás antigüidades de Galicia, porque unha das principais preocupacións do bieito a respecto dos restos arqueolóxicos era garantir a súa conservación e animar a outros eruditos a que os tivesen en conta e os estudiasen. Verbo da necesidade de conservación, coidaba que a ignorancia dos contemporáneos era un factor aínda máis destructivo e ameazador para os testemuños do pasado cós estragos causados polo tempo. Ignorancia que facía que as antigas inscricións se borrasen pensando que eran cousas de paganismo e de bruxería, ou que as pedras que lles servían de soporte se empregasen como materiais de construcción; que as moedas de valor se fundisen, cobizándose o ouro e maila prata; ou que as medoñas se saqueasen na procura dos tesouros das mouras encantadas. Soamente a preocupación dos anticuarios por recoller e copiar os achados podía evitar a desaparición total dun rico legado histórico que era esencial para poder coñecer o pasado. Polo demais, Sarmiento repetía con insistencia que o seu desexo era que algún ?curioso? se decidise a investigar en profundidade as antigüidades de Galicia, aquelas que el só podía sinalar e esbozar de xeito moi xeral e que na súa ampla obra se mesturaban co resto dos temas que lle interesaban. Por todo isto non deixou de apuntar aquelas oportunidades que se lle ofrecían ao anticuario á hora obter novos materiais para esculcar no pasado. Por exemplo, a consNº 363 160