Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
nación lingüística/antigüidades, e quen o fixo con meirande seriedade, para tratar de resolver os moitos enigmas que lle presentaba o pasado da súa querida Galicia. Aos amplos coñecementos en materia de antigüidades sumábanse os que adquirira no terreo das linguas. No Catálogo de obras que posuía constátase sobexamente a atención que dedicaba a ese tema, que se manifestaba nunha manchea de gramáticas e diccionarios dos idiomas máis diversos (latín, grego, árabe, sirio, portugués, éuscaro, francés, inglés, alemán, húngaro, guaraní, peruano, etc.). Merecen especial mención as fontes que Sarmiento utilizaba para descubrir as etimoloxías célticas existentes en Galicia: o Glossarium ad scriptores mediae et infimae latinatis, de Charles Du Cange; Les origines de la langue françoise, de Charles Ménage; o diccionario de Trévoux; a Collectanea Etymologica de Leibniz; o diccionario francéscéltico, ou francésbretón, de Grégoire de Rostrenen; o famoso libro do bieito bretón Paul Pezron, Antiquité de la Nation et de la langue des Celtes, que contiña ao final un glosario de termos bretóns comparados con palabras do latín, grego e alemán; así como diversas obras consagradas ás linguas xermánicas, antigas e modernas (que Sarmiento coidaba célticas), como o Thesaurus antiquitatum teutonicarum, de Johann Schilter. A carón das fontes clásicas e dos datos lingüísticos, os vestixios materiais do pasado constituían outro elemento importante dentro do estudio das antigüidades galegas. Dado que non é posible facer aquí unha análise nin sequera breve do uso que facía Sarmiento dos restos arqueolóxicos para obter informacións históricas, limitareime, para rematar este apartado, a facer algunhas observacións verbo da atención que prestou ás inscricións antigas e ás mámoas. Con respecto ás primeiras, atopamos nos seus escritos multitude de referencias. En especial nos relatos das dúas viaxes por Galicia abundan as mencións a inscricións, romanas e medievais, que a miúdo copiou directamente do orixinal. Igualmente nos escritos dedicados aos camiños de Galicia, antigos e modernos, insistía na utilidade das inscricións, que podían axudar moito a determinar con claridade o trazado das vías romanas indicadas no ?Itinerario de Antonino? e que incluso daban noticia doutros camiños non consignados polo texto. El mesmo anunciaba a descuberta de varios ?miliarios? que xulgaba de enorme importancia como documentos históricos. Neste sentido resulta moi clarificadora a correspondencia que mantivo co seu irmán Francisco Javier acerca do ?miliario? atopado no lugar da Almoíña, preto de Pontevedra. Dende Madrid Sarmiento pedíalle ao seu irmán residente en Pontevedra que lle enviase unha copia da inscrición contida no ?miliario?, o cal coidaba ser ?un tesoro para las antiguallas de ese país?, pois permitía corrixir os datos erróneos do ?Itinerario?. Finalmente, no seu Onomástico etimolóxico da lingua galega, daba detalladas instruccións para levar a cabo a busca de inscricións antigas: que tipo de inscricións era posible atopar; onde e como buscalas; o xeito de copialas, etc. ?Todo se ha de recoger, y todo se ha de copiar, pues todo ha de servir?, concluía nese escrito. ?En suma. Toda piedra: todo metal y todo ajuar ó cachiva159 Nº 363