Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
franxa que vai en dirección suroestenordeste cara ao centro de Lugo. O tipo C áchase en toda a provincia de Ourense (agás na súa parte noroccidental) e no sur e leste de Lugo; no extremo norte desta provincia coñécese nunha franxa que percorre toda a costa e penetra no nordeste da Coruña; en Pontevedra rexístrase só en Rodeiro. É tamén este o único tipo que se utiliza na zona do galego exterior. Unha representación gráfica desta distribución pode verse no mapa 2.
4. DENOMINACIÓN XENÉRICA DO XUGO As denominacións para designar o xugo agrúpanse en redor de dous termos: xugo e canga, coas súas variantes fonéticas. A denominación xugo, coas súas distintas realizacións, é a usual en toda a provincia da Coruña e Lugo, en toda a de Ourense (a excepción da súa parte noroccidental), no norte e centro de Pontevedra, e no territorio de Asturias, León e Zamora de fala galega. A denominación canga, coas súas variantes, atópase localizada nunha área moi concreta situada no sur de Pontevedra e no Noroeste de Ourense. A isoglosa que separa ambos os dous nomes parte do sur de Vigo, pasa entre Soutomaior e Mondariz, entre A Lama e A Graña, introdúcese na provincia de Ourense polo norte de Avión e o sur de Brués (Boborás), atravesa San Cristovo de Cea, onde vira cara á dereita e pasa, ao oeste de Ourense, cara a Ramirás e Crespos ata chegar á fronteira con Portugal. Non obstante, en puntos illados da área de canga tamén se coñece a denominación xugo; deste xeito atopamos ambas as dúas en Tomiño, Oia, A Cañiza, Crespos, Ramirás e San Cristovo de Cea. Dun total de 167 puntos enquisados para o Atlas Lingüístico Galego, só en 16 de todos eles se designa o xugo co nome canga. Nos 151 puntos restantes a designación xeral é xugo. A porcentaxe de puntos do ALGa nos que se documentan estes nomes é dun 90,42% para xugo e un 9,58% para canga. Véx. o mapa 3, coa distribución xeográfica das denominacións xugo e canga. 4.1. A
VOZ
?XUGO?
4.1.1. Realizacións fonéticas de ?xugo? [a?u?o]: Encóntrase en toda a zona de fala galega onde non hai gheada, agás en Z1. Esta forma coexiste con ['? uho] en puntos onde a gheada non é xeral, como son os casos de L2, L10, L11, L14, L22.a, L24, L28, L29, L31, L32, L37, L39, O3, O12, O16, O20, O30, P2, P8, LE1, LE3. Na zona de non gheada está rexistrada en L3, L4, L5, L6, L7, L8, L9, L12, L13, L15, L16, L18, L19, L21, L22, L23, L25, L26, L27, L30, L33, L34, L35, L38, O1, O4, O8, O9, O11, O13, O14, O17, O18, O21, O24, A1, A2, A3, A4, A5, A6, A7, LE1, LE2, LE3, LE4, LE5, Z1.
141 Nº 365