BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
Tipo C: Xugo cornal, con variantes, segundo as localidades, en canto á forma máis ou menos alongada e ao arco, de maior ou menor amplitude, que se apoia sobre a parte alta da cabeza do animal, e vai atado aos cornos deste cunha corda ou unha correa. A liña superior do xugo é nalgúns casos continua, pero as máis das veces está interrompida por lombas talladas para enganchar as correas.
A3
A5
A7
O11
Z1 A1
Z1b
Z3
3. DISTRIBUCIÓN DOS XUGOS 3.1. TIPO A En 1927 aparece no tomo X da revista Wörter und Sachen o estudo de Fritz Krüger sobre o léxico rural do Noroeste Ibérico, titulado Die nordwestiberische Volkskultur9. Neste traballo, Krüger localiza este tipo de xugo, dentro de Galicia, na Coruña, Santiago e Lugo. En 1967 sae á luz o traballo máis rigoroso sobre este tema, obra de Xoaquín Lorenzo Fernández10, no que o autor mostra unha distribución moito máis completa e exacta dos xugos de Galicia. Segundo Xoaquín Lorenzo o xugo tipo A, que el coñece co nome de ?xugo de canga con cangallas?, atópase en toda a provincia da Coruña, menos nun pequeno recanto ao suroeste (en Santa Uxía de Ribeira), na metade norte de Pontevedra, no norte e leste da de Lugo e no noroeste da de Ourense. O traballo vai acompañado dun mapa mudo de Galicia, no que o autor tenta sinalar cartograficamente, dun xeito xeral, as áreas ocupadas por cada tipo. Aínda que a descrición é bastante exacta en liñas xerais, non obstante a realidade é un pouco máis complexa, segundo mostraremos.
Nº 365 138