Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
3. Obsérvase unha tendencia notable a resolver os encontros vocálicos nunha soa sílaba, pola vía da sinalefa, da elisión ou da crase, calquera que sexa a cualidade das vogais implicadas e a súa orde. Entre elas, salientamos as seguintes: as producidas a pesar da pausa obrigada polo vocativo (?musa miña, a uoz leuanta?, v.15; ?¿non ves tua dita, oh ollo, e gran ventura??, v.86) ou o inciso (?fará, a pesar da edade?, v.73); entre vogal átona e vogal aberta semitónica (?de Sebilla ó varón santo?, v.24; ?o rrostro ó ceo?, v.2; por este cabaleyro ó ceo alçadas?, v.90), mesmo en secuencias máis longas (?corre sempre ó igual?, v.72); entre unha vogal e un ditongo, en calquera orde (?de guerra ou medo?, v.88; ?a vosa memoria entre os humanos?, v.80; ?en prudencia e cordura?, v.57; ?sempre ausençia?, v.108; ?achou a metade?, v.25; ?non digo eu?, v.32); a probable crase de / ee/ en tragees, medida coma unha soa sílaba, cadra conforme as outras variantes de P5 presentes no texto; a contracción 'prep. con + art. det.' conta como unha sílaba (?coa bosa casta?, v.72), o mesmo cá secuencia /oe/ da contracción co demostrativo (?coesa presencia?, v.107); mídese tamén como unha soa sílaba a secuencia formada polo alomorfo antevocálico do adv. non e sílaba inicial seguinte, sexa esta átona (?noescuyten?, v.13; noestés?, v.83) ou tónica (?Cantou noá moitos días?, v.21). Poucas veces se marcan graficamente as reducións destas secuencias: a probable crase entre /aa/ pode estar na base da grafía do ms. A, por de ms. B (v.78), e en todo caso a vogal resultante non forma parte da mesma sílaba có /e/ seguinte; en ms. B eméndase introducindo un antes do artigo, pero non se restaura a elisión do final da conxunción (ms. A respecta , v.6); ms. B resólvese en ms. A inserindo a vogal (v.45); a solución dá conta dunha contracción habitual, por elisión do /e/ final da preposición, o mesmo ca en e en ; a eles débese engadir (v.97), de se aceptar que se produce unha elisión do /e/ final do substantivo, e bondad'acharás. Compórtanse sempre como ditongo (conx. mays, cuant. máis ~ máys), (aunque, ausençia), (deija, groseiro, rey...), (teu, Mandeu, escolleu), (cançión, misterios...), (ciudade), (pois, moitos, despoys...), (cantou, outro, cousa...) e (cuytado, muy ~ mui, escuyten). A secuencia realízase regularmente como ditongo (Galicia, insinias, patria...), coa única excepción de , que por iso editamos con diérese, por dïante. Canto a , compórtase como ditongo tamén no posesivo suas e tua (?suas ribeiras? [v.17], ?tua dita? [v.86], coma en apaciguar, antigua, igual)16, coa excepción de túas (?as túas altas torres derrubadas? [v.89], coma en balüartes), e así se marca coa presenza ou ausencia dos diacríticos na nosa edición. Fronte a eles, mantéñense en sílabas diferentes: a vogal resultante de /aa/ respecto do /e/ seguinte (?hasta a edad postreira?, v.78); /a/ átono seguido de / o/ (?a honrra?, v.52) ou do / ?/ da interxección, este separado por pausa (?dita, oh ollo?, v.86); as secuencias en que unha das vogais é / i/ (saydo e días, profecías...); o ditongo /ui/ respecto da vogal seguinte (?muy escollidos?, v.37; ?muy altas proezas?, v.41); as secuencias
? ? ? ?
261
Nº 364