Apéndice
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
tura e Historia; no futuro poden ser máis. Cada sección está constituída por grupos de traballo ou Seminarios, tantos como conveñan ás características e a operatividade da sección. O Seminario será responsable intelectual e administrativo ante a Presidencia da Academia e as institucións que financien actividades ou proxectos de investigación dese grupo de traballo, no que sempre ha de figurar, non necesariamente como especialista, o Director (ou Coordinador) da Sección correspondente. b) Na actualidade, na Sección de Lingua, funcionan os Seminarios de Gramática, Lexicografía e Sociolingüística. c) As Seccións ou Seminarios reuniranse coa periodicidade necesaria para realizaren eficazmente os traballos encomendados. Poderán reunirse na sede da Academia ou nas delegacións territoriais que a Academia poida establecer en calquera punto do dominio lingüístico galego. Excepcionalmente poderán reunirse na sede dalgunha institución afín. O presidente poderá asistir cando desexe ou xulgue oportuno á reunión destes Seminarios. d) As diferentes Seccións e Seminarios deberán informalo Plenario dos traballos realizados, polo menos unha vez por ano. Cando corresponda tamén lle presentarán as propostas que aquel deba sancionar. As actividades das Seccións e Seminarios quedarán recollidas na Memoria anual do Boletín. e) Tódolos académicos deberán incorporarse ós traballos, polo menos, dalgunha das Seccións, que, en calquera caso, estarán dirixidas por un académico numerario e poderán contar coa colaboración de investigadores que non sexan membros da Academia. Os académicos designados para estes traballos, non poderán escusarse do seu desempeño, salvo caso debidamente xustificado. f) A Academia organizará ou promoverá congresos, seminarios, cursos, conferencias e outros actos análogos. g) A Real Academia Galega promoverá a celebración de actos para homenaxear unha persoa ou unha institución que desde Galicia contribuíse ó desenvolvemento da ciencia ou que co seu labor nalgún dos eidos da cultura contribuíse ó proceso de normalización social do idioma galego ou ó afianzamento da identidade de Galicia. Artigo 6 a) A Academia realizará estudios sobre a lingua e os seus problemas e difundirá os resultados das súas investigacións. Consonte o estipulado no artigo 2 c) d) e) dos seus Estatutos, promoverá e apoiará iniciativas que axuden a consolidalo proceso da súa normalización e proporalles ós ámbitos e ás instancias oportunas medidas conducentes á defensa e a unha mellor implantación da lingua. Cando unha situación extraordinaria o esixa, a R.A.G. intervirá publicamente na defensa da lingua galega cos medios e modos propios da institución. b) Sendo a promoción do galego unha das finalidades estatutarias desta Real Academia, os académicos usarán en Galicia a lingua galega na súa relación social, en espe
347
Nº 362