BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Apéndice
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA REAL ACADEMIA GALEGA
PREÁMBULO A Real Academia Galega, creada en 1905, réxese actualmente polos Estatutos aprobados por Real Decreto 271/2000 de 25 de febreiro (BOE 4.3.2000) e, consonte o art. 41 deses mesmos Estatutos, dáse o presente Regulamento de Réxime Interno, aprobado polo Plenario da corporación o 4.11.2000 e refrendado o 13.1.2001.
CAPÍTULO I Emblemas, insignias e selos da Academia Artigo 1 O brasón da Real Academia Galega é o escudo de Galicia coa lenda REAL ACADEMIA GALEGA e co lema COLLIGIT, EXPVRGAT, INNOVAT. Artigo 2 A medalla correspondente ós académicos numerarios é de prata dourada e de forma ovalada; ten, por un lado, un sol raiante rodeado polo lema e, polo outro, o escudo de Galicia coa inscrición REAL ACADEMIA GALEGA. Sobre a medalla, a coroa real; o cordón é azul, branco e dourado. As medallas dos académicos das demais clases serán prateadas. Artigo 3 Os académicos numerarios e os de honra recibirán no acto de toma de posesión a súa medalla como agasallo da Academia. Artigo 4 O emblema da Real Academia Galega é o escudo de Galicia sobre un soporte semellante a un pergamiño que se metamorfiza en grifo. O carimbo está constituído por dous círculos concéntricos; entre medias dos dous, a lenda REAL ACADEMIA GALEGA na parte superior, e o lema COLLIGIT, EXPVRGAT INNOVAT na inferior. No interior do círculo interno, un sol raiante sobre o mar.
CAPÍTULO II Medios que empregará a Academia para cumprilas súas funcións Artigo 5 a) A Real Academia Galega consta, en principio, de tres Seccións: Lingua, Litera
Nº 362
346