BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
Admiración pola beleza do seu corpo amoroso con lume nos ollos e peitos de tolura. Admiración pola ousadía da xogadora que manifesta libremente a súa vontade. Admiración pola amadora que actúa libremente seguindo os seus desexos de amor e desamor, simbolizados, respectivamente no quentor da la e no frío da seda, as dúas notas materiais e sensuais da súa saia: ?con frior de seda / e quentor de lan?. Admiración pola amante subversiva, sen compromisos e sen lei, con ?amores sin prendas? e ?saia sin lei?. E admiración, en suma, pola súa vital alegría de vivir, cantada na recorrencia da ?saia leda?. A MULLER LEDA SEN LEI Se se le o poema facendo caso omiso á impositiva lei de xograría, é posible reconstruír a María Balteira oculta baixo as palabras ditadas polo misóxino silencio da loa. A María Balteira realmente admirada por Lorenzo Varela. A María Balteira da alegría de vivir sobrevivindo nas miserias das soldadeiras, dos soldados e das soldadas, segundo manda o poder de ElRei que manda a guerra contra o mouro. A María Balteira muller leda sen lei, digna de admiración e loa. E, pois non fuches loada, loar eu lóote, María Balteira, sen saber quén es.
BIBLIOGRAFÍA
BLANCO, Carmen (1995): Nais, damas, prostitutas e feirantas. Vigo, Xerais. BREA, Mercedes (coord.) (1996): Lírica profana galegoportuguesa. 2 vols., Santiago de Compostela, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro. DOBARRO PAZ, Xosé María (1974): ?María Balteira?, Gran Enciclopedia Gallega. Santiago de CompostelaXixón, Silverio Cañada, Vol. 20, p. 106. DOMÍNGUEZ RODRÍGUEZ, Ana (1990): ?Imágenes de la mujer en las cantigas de Santa María?, Seminario de Estudios de la Mujer, La imagen de la mujer en el arte español, Madrid, Universidad Autónoma de Madrid, pp. 2985. LANCIANI, Giulia, e TAVANI, Giuseppe (1995): As cantigas de escarnio. Vigo, Xerais. RESENDE DE OLIVEIRA, António (1995): Trobadores e xograres. Vigo: Xerais. VARELA, Lorenzo (2000): Poesía completa. Sada, A Coruña, Ediciós do Castro. Ed. de Xosé Luís Axeitos.
Nº 364
20