BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
destes autores conformouse o mito da soldadeira, medio puta e medio meiga, que a literatura posterior reviviu en distintas ocasións e con distintos significados progresistas ou reaccionarios. Unha desas versións míticas máis destacadas e emblemáticas é a creada polo poeta Lorenzo Varela no poema directamente titulado ?María Balteira?, pertencente á obra multiartística da cultura do exilio Catro poemas para catro grabados (para o álbum de Luís Seoane María Pita e tres retratos medioevales, Buenos Aires, Resol, 1944; reeditado con música de Julián Bautista, Buenos Aires, Editorial Argentina de Música, 1951). Aquí resoa moi alto o nome de María Balteira, irmandado co do irmandiño Roi Xordo e co da guerreira María Pita, a ?María das batallas? coa espada en alto que o artista Isaac Díaz Pardo recreou en cerámica interpretando o feminismo de Lorenzo Varela. O gravado, tamén feminista, de Seoane móstranos unha Balteira sentada xogando aos dados e gozando co xogo, imaxe, sen dúbida, tomada da vida real medieval e que, non obstante, contrasta coa imaxe, por desgraza tamén real, da muller tafur arrastrada para escarmento por toda a vila que nos transmiten as Cantigas de Santa Maria. Estes son os versos de ?María Balteira?:
Loubar eu loubara, María Balteira, túa saia leda, que a carón da morte, ó vela na danza semellando pombas redor dun pombal, facía que aqueles barbudos sorriran. Aqueles labregos da morte guerreira, carballos antergos, varós desta terra, destes pobos todos que chaman España, desde aqueles tempos que a tallou a espada. Loubar eu loubara, María Balteira, túa saia leda, tan leda que tola á xente deixabas, d´amores sin prendas: peitos de folía, nin moeda moura, nin prenda d´amor nin prenda de conta. Mala perdedora, boa bailadora co lume nos ollos i o aire nos pés, ¡e nas maos a lúa a facer lilailas, lixeiras gaivotas, ladroas amadas! O cabrón do inferno, María Balteira, Cando veu a España, Por xogar contigo perdeu a soldada. ¡Por ganalo a él perdeches a ialma! ¡Loubar eu loubara, María Balteira, túa saia leda! Eu loubar loubara, si os cás dos xograres que ti desamaras, vindo da fronteira non me dentellaran no peito as loubanzas:
Nº 364
18