BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
mais tamén grazas a unha adecuada política de compras que enche os ocos deixados polas doazóns ou busca determinados fondos de interese particular para a RAG e os seus investigadores. No fondo da RAG organizáronse as series: actas, correspondencia, monumento a Curros, informes e ditames e toponimia dos concellos. Tamén as coleccións de pergamiños, documentos históricos e manuscritos orixinais. No referente aos arquivos persoais foron catalogados os de E. Pondal, I. Parga Pondal, A. Eulate, Familia Fernández Morás, A. Martínez Salazar, Fernando Martínez Morás, Irmáns da Iglesia e comezouse co fondo patrimonial da Familia Pardo Bazán. Na catalogación dos fondos fotográficos, ademais dos antes citados, hai que engadir os de E. Oviedo Arce, José Baldomir, Familia Pardo Bazán, Familia Murguía Castro, J. Naya Pérez; as coleccións de Curros Enríquez e tamén do seu monumento, os retratos dos académicos e outros persoeiros galegos, o DLG e actos académicos. Biblioteca e Hemeroteca Na biblioteca levouse a cabo o seguinte traballo: 1. Rexistro informatizado das novas adquisicións e das bibliotecas particulares de Luís Seoane, Marcial del Adalid e E. Chao Espina. 2. Catalogación e informatización da bibliografía localizada en varias dependencias da RAG (Arquivo, Lexicografía, Secretaría e CasaMuseo Emilia Pardo Bazán) así como de parte do fondo xeral do 4º andar. 3. Ordenamento, reconto e recolocación dos fondos repetidos do Boletín da Real Academia Galega así como o tratamento informático dos datos referentes á totalidade do fondo. 4. Ordenamento da sala xeral de repetidos e tratamento informático dos datos de parte destes fondos. 5. Atención de usuarios: ? Informacion bibliográfica. ? Consulta e reprodución de fondos segundo a normativa. ? Tratamento informático destes datos de consulta e reprografía. Na hemeroteca leváronse a cabo as seguintes tarefas: 1. Organización e posta en marcha do fondo aberto de publicacións periódicas: ? Reaxuste do fondo, expurgando aquelas publicacións de nulo interese para os obxetivos da Institución e incorporando outras acordes con ditos obxetivos. ? Ordenación, rexistro e rotulado deste fondo e asentamento nunha das salas do soto (antes ocupada polo Boletín da RAG), a excepción dos números máis recentes de cada título, que se sitúan na sala de lectura a disposición dos usuarios. ? Catalogación informatizada de todo este fondo. 2. Conclusión dos traballos de dixitalización de vinte e nove títulos de revista pertencentes ao fondo galego grazas a un convenio coa Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Nº 366 412