Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
epistolario poderemos chegar a coñecer certas facetas íntimas e determinadas lagoas que permanecían ocultas. Nos próximos meses tamén se dará a coñecer un proxecto arredor da obra do ilustre avogado e profesor ourensán Juan Manuel Paz Novoa, sobre o que se está a traballar. III. Sección de Literatura, creada en 1998. Director: D. Xesús Alonso Montero. Financiamento: Real Academia Galega. Traballos desenvoltos: A colección Letras da Academia agarda a próxima aparición do volume de Cartas de Curros Enríquez, edición ao coidado de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda. Outro proxecto desta mesma colección, a edición da obra de Eduardo Pondal Os Eoas, en edición do profesor Manuel Ferreiro, cun estudo previo, en tomo á parte, de Manuel Forcadela e X. R. Pena non tardará en saír do prelo. A Comisión de Publicacións que dirixe o profesor e académico don Xesús Alonso Montero está a ultimar un ambicioso plan de publicacións de cara á celebración do centenario da Real Academia Galega en 2006. Publicaranse unha serie de obras canónicas da nosa literatura, en edicións rigorosas ao coidado de diversos especialistas. Biblioteca e Hemeroteca Creadas en 1905. Director: D. Antonio Gil Merino Financiamento: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Traballos desenvoltos: Arquivo Creado en 1905. Director: D. Antonio Gil Merino. Financiamento: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Traballos desenvoltos: O Arquivo da Real Academia Galega, seguindo co plan de modernización na conservación e tratamento dos seus fondos, restaurou neste ano o fondo literario de Emilia Pardo Bazán dentro dun proxecto máis amplo que abrangue tamén a súa microfilmación, da que unha pequena parte está xa feita. Instalouse un lectorreprodutor de microfilmes na sala de lectura para facilitar a consulta dos documentos reproducidos nestes soportes. Publicouse o catálogo do fondo literario de Emilia Pardo Bazán demostrando así o grande esforzo que está a realizar o arquivo para catalogar e difundir os seus fondos. Realizouse un rexistro e catalogación dos fondos artísticos da RAG como primeiro paso cara ao control, exposición e ampliación da súa colección artística. Os fondos do ARAG aumentaron grazas a diversas doazóns, entre as que destacan a documentación sindical doada por X. Gabeiras comezada no ano 2000 e continuada desde entón, a de Lola Prado Méndez coa obra de Prado Lameiro,
411 Nº 366