BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
? Alvariño Alvariño, P.; Martínez Calvo, L; Sánchez Sampedro, B.: ?El tratamiento de los préstamos en tres vocabularios terminológicos en gallego?, III Congreso Internacional AELFE: Las nuevas tendencias de las lenguas de especialidad en un contexto internacional y multicultural, Granada, 23 a 25 de setembro de 2004. ? Torrado, Berta: ?A terminoloxía téxtil e as denominacións prescritivas na actualización das linguas de especialidade do galego?, comunicación presentada no I Congreso Internacional de Lexicografía Hispánica, Asociación Española de Estudios Lexicográficos (AELex), Universidade da Coruña, A Coruña, 1418 de setembro de 2004. ? Torrado, Berta & Veiga, Inés: ?El léxico patrimonial en la comunicación especializada?, comunicación presentada no IX Simposio Iberoamericano de Terminología. Barcelona, 2911 a 0212 de 2004. 13. Manuel González González participou en Alcalá de Henares, representando Termigal, na reunión plenaria da Asociación Española de Terminoloxía, da que é vicepresidente. ? Seminario de Gramática, creado no ano 2000. Directora: D.ª Rosario Álvarez Blanco. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e Real Academia Galega. Traballos desenvoltos: Continuáronse os traballos de redacción da Gramática Galega: elaboráronse as versións provisionais dos capítulos dedicados á fonética descritiva da lingua galega, actualizouse o capítulo referido á colocación dos pronomes átonos, realizouse unha primeira aproximación ás repercusións gramaticais dos fenómenos relacionados coa focalización e a tematización, e seguiuse traballando na análise de corpus lingüísticos para a extracción de información sintáctica. ? Seminario de Onomástica, creado en 2001. Director: D. Antón Santamarina Fernández. Financiamento: Real Academia Galega. II. Sección de Historia, creada en 1998. Director: D. Xosé Ramón Barreiro Fernández. Financiamento: Parlamento de Galicia e Real Academia Galega. Traballos desenvoltos: A sección de Historia anuncia a inmediata aparición do volume de Cartas a Murguía II (18681885) en edición dos profesores X. R. Barreiro Fernández e X. L. Axeitos. Este tomo forma parte dun plan de publicación do epistolario de Murguía, en colaboración coa Fundación Pedro Barrié de la Maza. Serán un total de catro volumes, os tres primeiros dedicados ás cartas recibidas por Murguía e o cuarto comprenderá as cartas do Patriarca e primeiro Presidente da Real Academia Galega. É de esperar que o proxecto culmine no ano 2006, e que se vexa coroado coa publicación da biografía que está a pedir a figura de Manuel Murguía. Grazas ao
Nº 366 410