Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
? Téxtil ? Música ? Audiovisual: TV 2. Finalizouse o vocabulario da Televisión, que está listo para a súa publicación, realizado por Edith Pazó. 3. Realizouse un pequeno vocabulario de deportes para o Concello de Santiago, como unha das iniciativas do seu Plan de Normalización Lingüística. 4. Apareceu publicado en Internet o Vocabulario plurilingüe do Comercio electrónico, elaborado dentro da Rede Realiter, e coordinado polo Bureau de la Traduction do Quebec. A parte galega foi realizada por Termigal. 5. Publicouse en Internet o Léxico de transporte turístico, realizado dentro da Rede Limiter. Termigal realizou a parte galega. 6. Realizouse a localización ao galego dun número amplo de termos informáticos da empresa Microsoft, que foron utilizados para as versións en galego de Windows e de Office. Así mesmo realizouse a avaliación e corrección polo miúdo destes dous produtos de Microsoft, seguindo os criterios establecidos por esta empresa. 7. Levouse a cabo a corrección do Dicionario visual da construción publicado polo Colexio de Arquitectos de Lugo. 8. Elaborouse a proposta de termos galegos para a escala Douglas, sobre os distintos estados do mar. 9. Está pendente do informe e corrección dos especialistas en dereito o Vocabulario galego de relacións laborais, realizado en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais. 10. Realizouse un volume considerable de traducións, especialmente para empresas que forman parte da Fundación GaliciaEmpresa, e para Tour Galicia. 11. Atendeuse un amplo número de consultas de terminoloxía puntual, tarefa que cada día ocupa unha dedicación maior do Servizo de Terminoloxía. 12. Participación en Congresos e en Reunións científicas: ? González González, Manuel: ?A terminoloxía dentro dos estudos de lexicografía galega?, I Congreso Internacional de Lexicografía Hispánica, Asociación Española de Estudios Lexicográficos (AELex), Universidade da Coruña, A Coruña, 17 de setembro de 2004. ? González González, Manuel: ?Recursos, metodologías y tecnologías para el desarrollo y sostenibilidad de las lenguas minoritarias y minorizadas?, Mesa redonda, IX Simposio Iberoamericano de Terminología. La terminología en el siglo XXI: contribución a la cultura de la paz, la diversidad y la sostenibilidad. Barcelona, 2 de decembro de 2004. ? González González, Manuel: ?A integraçao de palavras importadas no português europeu?, XX Encontro Nacional da Associaçao Portuguesa de Linguística, Fundaçao Gulbenkian, Lisboa, 14 de outubro de 2004. ? Alvariño Alvariño, P.; Martínez Calvo, L; Sánchez Sampedro, B.: ?Análise das características da linguaxe técnica en lingua galega nun corpus concreto? I Congreso Internacional de Lexicografía Hispánica, Asociación Española de Estudios Lexicográficos (AELex), Universidade da Coruña, A Coruña, 14 a 18 de setembro de 2004.
409 Nº 366