BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos: Durante o ano 2004 o Seminario de sociolingüística da RAG estivo traballando en dous grandes proxectos de investigación: 1. Avaliación da competencia lingüística ao final do ensino obrigatorio na Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (prox. PGIDT02EDU20401PR), que ten como obxectivo facer unha avaliación do nivel de coñecemento das linguas galega e castelá dos alumnos de Galicia ao finalizaren os estudos de ESO. No ano 2004 realizáronse todas as enquisas e traballo de campo, levouse a cabo un estudo piloto sobre a comarca de Santiago, e comezouse a redacción do informe global referido a toda Galicia. 2. Actualización do Mapa sociolingüístico de Galicia, realizado mediante un convenio coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Realizáronse preto de 10.000 enquisas cun novo cuestionario realizado a partir do redactado para a elaboración do Mapa sociolingüístico de Galicia, debidamente depurado e completado. Estes datos non só permiten coñecer a vitalidade da lingua galega na actualidade, senón tamén ver a evolución con respecto á situación de hai once anos. Aínda que corresponden a números do ano 2003, durante este ano apareceron os artigos: ? Fernández Salgado; X. Loredo Gutiérrez; H. Casares Berg; I. Suárez Fernández; M. Rodríguez Neira; e M. González González: ?Revisión das actitudes lingüísticas da mocidade galega: Resultados dunha achega indirecta e cualitativa?, Cadernos de lingua, 25, 6374. ? Hakan Casares Berg [et al.]: ?Actitudes lingüísticas en Galicia?, Grial, núm. 160 (2003; p. 5259). 3. Realizouse unha presentación do libro O galego segundo a mocidade, publicado polo Seminario de sociolingüística da RAG, no ciclo de debates abertos ?Lingua e Linguas? organizado pola Fundación Carlos Casares, os días 23 e 24 de outubro de 2004. ? Servizo de Terminoloxía CientíficoTécnica en lingua galega (TERMIGAL), creado en 1996. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos: As principais actividades desenvoltas no ano 2004 son as seguintes: 1. No ámbito da terminoloxía de campo, estívose traballando na elaboración de terminoloxía sistemática dos seguintes eidos: ? Márketing. ? Música ? Informática e internet ? Administración
Nº 366 408