Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2004 Foi dedicado á personalidade do etnógrafo e arqueólogo Xaquín Lorenzo Fernández ?Xocas?. Os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas transcorreron na vila natal do homenaxeado, en Ourense. A sesión académica extraordinaria e pública tivo lugar o 17 de maio no paraninfo do Instituto de Ensino secundario Ramón Otero Pedrayo, coas intervencións dos académicos: ? Ilmo. Sr. D. Xosé Manuel González Reboredo ? Excmo. Sr. D. Manuel González González ? Excmo. Sr. D. Xulio Francisco Ogando Vázquez ? Pechou o acto o Excmo. Sr. Presidente da Real Academia Galega, D. Xosé Ramón Barreiro Fernández SECCIÓNS DA REAL ACADEMIA GALEGA I. Sección de Lingua: componse dos seguintes seminarios: ? Seminario de Lexicografía creado en 1983. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos: 1. Finalizáronse os traballos do Dicionario castelángalego da Real Academia Galega, baixo a dirección de Constantino García e Manuel González. Este dicionario foi entregado xa para a imprenta, e será publicado de maneira inmediata pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa. 2. Continuáronse os traballos para a nova edición do Dicionario da Real Academia Galega: a) Procedeuse á actualización ortográfica, de acordo coas novas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, do texto do dicionario redactado con anterioridade á aprobación das Novas Normas. b) Incrementouse en 7000 o número de entradas, seguindo a orde alfabética, de acordo cos lemas establecidos para esta nova edición. Neste momento está realizada a primeira redacción dunha parte importante do dicionario: están pendentes de elaboración a maior parte das entradas das letras A, B e C. c) Reestruturouse a microestrutura dun amplísimo número de entradas redistribuíndo as súas acepcións. d) Incrementouse dunha maneira significativa o número de novas acepcións nos artigos que figuraban xa na edición anterior, para lograr un equilibrio desexable entre extensión do léxico e profundidade no seu tratamento. e) Actualizouse, en función das novas entradas, a indicación de sinónimos, antónimos e formas relacionadas entre si dentro do corpo do dicionario. ? Seminario de Sociolingüística creado en 1990. Director: D. Manuel González González.
407 Nº 366