Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
DOAZÓNS E ADQUISICIÓNS O 6 de marzo de 2004, D.ª Eloísa Méndez Villar, D.ª M.ª de los Dolores Prado Méndez e D. Javier Prado Méndez, nora e netos, respectivamente, de D. Javier Prado Rodríguez (Prado Lameiro), doaron un busto en xeso deste último, da autoría do grande escultor galego D. Francisco Asorey. Así mesmo, fixeron doazón das fotocopias dos orixinais da obra de D. Javier Prado Rodríguez, comprometéndose a autorizar a consulta dos orixinais aos investigadores acreditados pola Real Academia Galega. O 15 de abril de 2004, a Fundación Santiago Rey FernándezLatorre fixo doazón dun total de mil trescentos CD que conteñen os fondos hemerográficos de La Voz de Galicia comprendidos entre o 4 de xaneiro de 1882 e o 31 de decembro de 2002. Así mesmo, tamén fixo entrega de cincuenta e tres CD que conteñen os fondos do Museo de La Voz de Galicia. PUBLICACIÓNS ? Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. 19ª ed. A Coruña: RAG; Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega, 2004. ? FREIXANES, Víctor F. Desafíos para un novo século: entre a Trabe de Ouro e a paxariña de Armenteira. A Coruña: RAG, 2004. Discurso de ingreso. ? TAVANI, G. Unha provenza hispánica: a Galicia medieval, forxa da poesía lírica peninsular. A Coruña: RAG, 2004. Discurso de ingreso. ? GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M., SANTAMARINA FERNÁNDEZ, A. (coords.). Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). A Coruña: RAG; Santiago de Compostela : Instituto da Lingua Galega, 2004. ? AXEITOS AGRELO, X. L. A Academia no discurso exílico de Luís Seoane. RAG, 2004. Discurso de ingreso. ? VARELA AENLLE, C. X., [et al.]. A herdanza da lingua: O galego de Asturias, León, Zamora e Cáceres. A Coruña: RAG, 2004.
415
Nº 366