Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
aspectos da sintaxe oracional, como o estudo de constituíntes particulares, a súa orde, combinatoria e características formais. A medida que estoutro proxecto vai dando novos resultados, incorpórase á redacción da gramática enriquecendo as partes correspondentes. ? Seminario de Onomástica, creado en 2001. Director: D. Antón Santamarina Fernández. Financiamento: Real Academia Galega. Traballos desenvoltos: Esta Comisión, a través do membro da comisión e académico de número, D. Xesús Ferro Ruibal, elaborou numerosos informes solicitados por institucións xurídicas e particulares, referidos, os máis deles, a establecer a forma galega correcta dun nome ou dun apelido, entre os que figuran: Albela, Alejandro, Núñez, Alba, Calviño, Anta, Axeitos, Dopico, Dourado, Héctor, Helena, Iria, Jamardo, Xusto, Maixa, Manel, Noia, Pepe, Recarei, Santi, Santiso, Teijido, Xavier, Xele, Xenevra. ? Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia Creados en 1993. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Colaboración: Universidade de Santiago de Compostela A Vixésima edición dos Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e para españois de fóra de Galicia desenvolveuse en Santiago desde o día 3 de xullo ao 28 de xullo de 2007. As actividades académicas tiveron lugar nas Facultades de Xeografía e Historia e na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago. Nesta edición participaron 132 alumnos e alumnas, procedentes dos seguintes países: Alemaña, Armenia, Arxentina, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Chile, Colombia, Cuba, Escocia, Eslovaquia, Estados Unidos, España, Finlandia, Francia, Gales, A India, Inglaterra, Irlanda, Italia, Marrocos, México, Perú, Polonia, Portugal, República Checa, República Moldava, Romanía, Rusia, Serbia, Suíza, Ucraína, Venezuela e Xapón. O día 3 de xullo, data de chegada dos estudantes, realizáronse as probas para a asignación de nivel, procedeuse á distribución definitiva dos grupos de cada nivel, e aboáronse as bolsas aos alumnos e alumnas aos que lles foron concedidas. Pola tarde, o profesorado das clases prácticas de cada grupo fixo un per283 Nº 369